Xoán Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Costa
Xoán Costa.jpg
Nacemento23 de febreiro de 1956
 Oroso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, filólogo e profesor
editar datos en Wikidata ]

Xoán Xosé Costa Casas, nado en Oroso o 23 de febreiro de 1956, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983; profesor no IES de Elviña (A Coruña), en 1984 e no IES Menéndez Pidal desa mesma cidade desde 1985.

Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborador en publicacións periódicas galegas (A Nosa Terra, Terra e Tempo). Foi director, entre 1985 e 1987, da Revista Agália. Colabora en Sermos Galiza, do que tamén é Presidente do Consello de Administración. É presidente da AS-PG desde 2001.

Obra[editar | editar a fonte]

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións.
  • Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • O ensino da língua: Por un cámbio de rumo, 1995, AS-PG, en colaboración con Pilar García Negro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]