Mago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Reprodución dun mago consultando un grimorio.

Un mago (do persa antigo magus, por mediación do grego e finalmente do latín magus) adoita referirse en termos modernos a unha especie de astrólogo ou adiviño, que practica maxia ou feiticería ou bruxería. Comunmente, "Mago" refírese a feiticeiro masculino, e "Bruxa" a unha feiticeira. O sentido orixinal da palabra Mago, referíase os integrantes dunha tribo de Media e logo aos sacerdotes persas.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, un magie era o membro dunha tribo da antiga Media que se encargaba das prácticas relixiosas e funerarias. Logo da conversión desta tribo ao zoroastrismo foron considerados polos tres imperios persas, gardiáns do legado de Zaratustra (a pesar de que introduciron algunhas modificacións á mensaxe orixinal). Os magos de Persia foron incluíndo na súa relixión algúns temas ou elementos de Babilonia, como a astroloxía, a demonoloxía e a maxia. No seu ritual relixioso vertían libacións de leite, aceite e mel sobre unha chama e ao mesmo tempo entoaban rezos e cancións. Levaban vestiduras brancas, tiara, e na man un feixe de ramas de tamargueira.

Xa no século I foron recoñecidos como homes sabios e adiviños. Os máis tarde chamados reis magos, personaxes chegados de Oriente e mencionados na Biblia, eran magos no sentido orixinal do termo, isto é, sacerdotes persas.

O cambio de significado do termo, que pasa a designar a alguén que practica a maxia ou feiticería, débese á asimilación que o cristianismo fixo das crenzas e rituais relixiosos non cristiáns (como os zoroastrianos) coa bruxería e prácticas similares.

Nun sentido moi diferente, en épocas recentes o título de "Mago" asignouse aos artistas que practican o ilusionismo, é dicir a quen realizan xogos para crear ilusións visuais ou en calquera dos sentidos, simulando poderes especiais, con obxectivos recreativos. Esta "maxia" entrou a formar parte das artes escénicas contemporáneas. Por outra banda, Xoán Bosco practicou o ilusionismo con fins pedagóxicos, na educación de mozas e nenos, e actualmente o "Círculo Máxico Don Bosco" reúne a ilusionistas de diferentes países que queren facer o mesmo.

Tipos de magos[editar | editar a fonte]

(Referente ao termo do practicante da feiticeiría, e o tipo de fonte do seu poder con que se lle relaciona popularmente, é dicir, non necesariamente o único tipo que usaría).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]