Pula, Croacia
Pula / Pola | |||
---|---|---|---|
Vista aérea de Pula | |||
Símbolos | |||
| |||
Localización | |||
Coordenadas | |||
País | Croacia | ||
Condado | Condado de Istria | ||
Administración | |||
Alcalde | Boris Miletić (IDS) | ||
Características xeográficas | |||
Área total | 51,65 km² | ||
• Área seca | 41.59 km² | ||
• Área acuática | 10.09 km² 19.54% | ||
Poboación (2011) [1] | 57 460 hab. | ||
• Área metropolitana | 130,000 | ||
Densidade | 1 112,5 hab./km² | ||
Altitude | 30 m | ||
Fuso horario | CET (UTC+1) | ||
Horario de verán | CEST (UTC+2) | ||
Código postal | 52100 | ||
Código de área | 052 | ||
Sítio | pula.hr |
Pula, en serbocroata Pula (Grad Pula) en italiano Pola (Città di Pola)[2], en esloveno Pulj, é a cidade máis grande de Istria, Croacia, e está situada no extremo sur desa península. A súa poboación é de 57.460 habitantes, dos cales o 71,65% son de orixe croata (censo de 2011).[1] [3]
A rexión é coñecida polo seu clima, mar tranquilo e beleza natural. A cidade ten unha longa tradición na produción de viño, pesca, construción naval e turismo. Pula foi o centro administrativo de Istria desde a época romana, aínda que, hoxe en día, a capital do condado croata de Istria é Pazin (Pisino en italiano).
Coñecíase como Pietas Iulia [4] na época romana.
Cultura[editar | editar a fonte]
Como resultado da súa rica historia política, Pula é unha cidade cunha mestura cultural de pobos e linguas mediterráneas e centroeuropeas, antigas e contemporáneas. A arquitectura e urbanismo de Pula reflicte estas capas da historia. Os habitantes adoitan dominar linguas estranxeiras, especialmente o italiano, moitas veces tamén o alemán e o inglés. Dende o 30 de outubro de 1904 até marzo de 1905 o escritor irlandés James Joyce ensinou inglés na escola Berlitz; os seus alumnos eran principalmente oficiais navais austrohúngaros que estaban estacionados na base naval local. Mentres estivo en Pula, organizou a impresión local da súa obra The Holy Office (O Santo Oficio), na que se burlaba de William Butler Yeats e George Russell.
O médico Robert Koch traballou nas illas Brijuni próximas. Herman Potočnik (Hermann Noordung), enxeñeiro aeronáutico e pioneiro da cosmonáutica , tamén naceu en Pula. O compositor de ópera Antonio Smareglia naceu en Pula e volveu vivir alí. Tamén son da cidade Alida Valli, Laura Antonelli, Stjepan Hauser, violonchelista premiado e membro de 2Celllos, e Rossana Rossanda.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Pula, cidade antiga, posúe un rico conxunto de restos da época en que pertenceu ao Imperio Romano. O seu ex-libris máis famoso é o Anfiteatro, coñecido localmente como Arena, construído polo emperador Vespasiano no século I [5] Atópase nun estado de conservación razoable, no que se celebran espectáculos. O recinto e o pequeno núcleo museístico, con artefactos atopados nas escavacións realizadas no anfiteatro, son visitados polos turistas.
Ademais deste gran monumento, hai un arco triunfal, o Arco de Sergio, un teatro e un pórtico, todos eles datados da época romana. Tamén hai un templo na praza central da cidade, dedicado ao culto imperial de Augusto, que foi transformado en museo.
Irmandamentos[editar | editar a fonte]
Cidades xemelgas:
Tréveris (desde 1971)
Imola (desde 1972)
Graz (desde 1972, cidade asociada desde 1961)
Čabar (desde 1974)
Varaždin (desde 1979)
Verona (desde 1982)
Kranj
Outras formas de asociación:
Segedin (Pedido asociación en 2003)
Veles (Documento de amizade e cooperación cultural en 2002)
Novorossijsk (Iniciado o protocolo de asociación e irmandamento en 1997)
Mantéñense fortes relacións de amizade e contactos continuos con outras cidades como:
Viena
Varias cidades da rexión de Estiria
Pécs
Brno
Hekinan (cidade croata hospedeira da EXPO 2005, parceria desde 2005)
Villefranche-de-Rouergue (asocia desde 2005)
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 «POPULATION BY AGE AND SEX, BY SETTLEMENTS, 2011 CENSUS». CROATIAN BUREAU OF STATISTICS - REPUBLIC OF CROATIA. Consultado em 23 de Outubro de 2015
- ↑ Sitio oficial, véxase tamén a lista de cidades e municipios Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no Condado de Istria (ref. p/ ) e a narodne-novine lista (ref. p/ )
- ↑ "Características da bala da cidade velha".
- ↑ Editores 1967, p. 304.
- ↑ "PULA CROATIA TRAVEL GUIDE - PulaCroatia.net" (en inglés). Consultado o 2020-10-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pula, Croacia |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |