Bandeira de Ruanda
Bandeira de Ruanda | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 25 de outubro do 2001 |
Cores | Azul amarelo Verde |
A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001. Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarela (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita.[1] A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franxa azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia.[2] A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.[1].
A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.
Significado das cores
[editar | editar a fonte]O significado das cores da bandeira é o seguinte:
- Amarelo: representa o crecemento económico. Os ruandeses débense aplicar ao traballo para chegar a un desenvolvemento económico duradeiro.
- Verde: representa a prosperidade, grazas ao emprego racional da forza dos ruandeses e dos recursos do país.
- Azul: representa o felicidade e a paz.[3]
Bandeiras anteriores
[editar | editar a fonte]A antiga bandeira de Ruanda, creada oficialmente o 25 de setembro de 1961 e confirmada no momento da plena independencia o 1 de xullo de 1962, estaba composta, como a bandeira de Guinea, por tres franxas verticais do mesmo tamaño e lucía as cores panafricanas: vermello (a máis próxima ao mastro), amarelo (a central) e verde). Na franxa central da bandeira ruandesa figuraba, dende 1962, a inicial do nome do país "R" en cor negra para diferenciala da guineana.
A nova bandeira foi adoptada no 2001 en contestación ao período de transición que coñeceu o país ao saír do xenocidio. Estaba en efecto demasiado vinculado aos acontecementos que ensanguentaran o país. A supresión do vermello, substituído por azul dunha banda máis ancha que as dúas outras, así como o engadido dun sol, representa así a vontade reivindicada de cortar co período precedente e de volverse cara ao futuro. Esta bandeira trocouse, como parte da renovación nacional emprendida tralo xenocidio de Ruanda.[2]
-
Bandeira do Reino de Ruanda (1959-1962).
-
Antiga bandeira de Ruanda (1962-2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rwanda unveils new flag and anthem
- ↑ 2,0 2,1 ""Flags of the World" page on flag of Rwanda". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2011.
- ↑ "N° 34/2008 ryo kuwa 08/08/2008 Itegeko rigena imiterere, ibisobanuro, imikoreshereze n’iyubahirizwa by’ibendera ry’Igihugu". Igazeti ya Leta ya Repubulika y’u Rwanda (16): 29–30. 2009.