Escudo da Guinea Ecuatorial
Escudo da Guinea Ecuatorial | |
---|---|
![]() | |
Detalles | |
Armiger | Guinea Ecuatorial |
Adoptado | 21 de agosto de 1979 |
Crista | 6 estrelas de seis puntas de ouro |
Escudo | Un campo de prata, cunha árbore |
Divisa | "Unidad, Paz, Justicia" Unidade, Paz, Xustiza |
O escudo nacional da Guinea Ecuatorial foi adoptada oficialmente o 21 de agosto de 1979. Este escudo amosa mostra un fondo gris cunha árbore. Esta árbore é unha Ceiba pentandra, o lugar onde se asinou o primeiro tratado entre Portugal e o gobernante local. Sobre o escudo, hai seis estrelas que representan o territorio continental e as cinco illas principais. Abaixo amósase escrito nunha fita o lema nacional en castelán: “Unidad, Paz, Justicia”.
O escudo, moi semellante ó empregado durante a época colonial, foi cambiado durante a ditadura de Francisco Macías Nguema (1972-1979) por outro de reminiscencias máis africanistas, con ferramentas e armas tradicionais, un galo (símbolo do P.U.N.T., o partido de Macías Nguema), e a palabra "Trabajo" engadida ó lema nacional,[1] mais foi restaurado posteriormente en agosto de 1979 tralo derrocamento de Macías.[2]
Escudos históricos[editar | editar a fonte]
Escudo de armas do Territorio de Guinea do Golfo Portugués, despois a Guinea Española.
Escudo de armas da colonia española no río Muni.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Equatorial Guinea (1973 - 1979)" (en inglés). Crwflags.com.
- ↑ "National Flag of Equatorial Guinea". Worldflags (en inglés).