SD Atlético Novás
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Atlético Novás | |||
---|---|---|---|
Equipo do Novás no Trofeo Concello do Rosal 2014 | |||
Nome completo | Atlético Novás Sociedade Deportiva | ||
Cidade | O Rosal, Galicia | ||
Historia | 1975 | ||
Fundado | 1975 | ||
Pavillón | Pavillón Municipal do Rosal | ||
Competición | Primeira Nacional A | ||
Cores | Vermello e branco | ||
Na rede | |||
http://atleticonovas.com | |||
O Atlético Novás S.D., chamado por motivos de patrocinio Acanor Novás Valinox é un equipo de balonmán do Rosal, fundado en 1975 por "Buraco". Na actualidade[cando?] xoga en Primeira Nacional A.
Nos seus comezos xogaba na pista de Novás, ao aire libre. Na actualidade[cando?] xoga no Pavillón Municipal do Rosal. O presidente é Roberto Fernández Rodríguez, que está no cargo desde o ano 2007.
Actualmente[cando?] o equipo ten combinados en 4 categorías, os 4 na sección masculina:
1ª Nacional: Esteban Pedrosa (1), Rafael Gestido (2), Marcos (3), Paulo Da Costa (4), Manuel Martínez (5), Daniel Cerqueira (6), David Lechuga (7), Jorge Pousa (8), Germán Fernández (9, capitán), Iago Alonso (10), Víctor Armán (11), Roberto Rodríguez "Harris" (14), Pablo Herbello (15), David Villar (16), Ramón Martínez (17) e Celso Álvarez (19). O delegado de equipo é Manuel Fernández, e o adestrador Nacho Patiño (1.ª tempada). Na Liga regular 2008/2009 remataron na 2ª posición, o que lle permite disputar a fase de ascenso a División de Honra B que se disputa en Torrelavega, Cantabria.
1ª Autonómica: Santi, Juan, Iván, Adrián, Noé, Víctor, Harris, Cristian, Esteban, Manuel, Paulo, Pisi, Beni (C), Marcos, Iago, Simón e Óscar. O delegado de equipo é Rogelio, e o adestrador Nicolai Tsybanev. Na liga 2008/2009 conseguiron acabar como 12º de Galiza.
Xuvenís (División de Honra): Calvo, David, Martín, Diego José, Mario, César, Iván Patrick, Iago(C), Miguel Trigo, Gabriel e Marcos Dorado. O seu delegado é Roberto Fernández, e o adestrador Marcial. Na liga regular 2008/2009 acadaron a 6ª posición.
Cadetes (División de Honra): David, Adrián, Mario, Peque, Xabier, Oscar, Gabriel, Miguel Trigo(C), Jorge, Fabián, Diego, Juan, Daniel, Marcos Dorado, Nathán, Sergio e Mario. Os seus delegados son José Taboada e Mª Flor Teixeira, e o adestrador é Pablo Herbello. Na liga regular 2008/2009 acadaron a 9ª posición.
Tamén cabe destacar aos benxamíns e aos alevíns que adestran, respectivamente, Iago e Marcote, e que participan en competicións escolares.
O maior logro deste equipo foi conseguir o subcampionato de 1ª nacional en 2003, o que supuxo o ascenso a División de Honra B.
Na tempada 2013/14 o Novás quedou 1º na Primeira Nacional A e clasificouse para a fase de ascendo que organizou. Pero non conseguiron clasificarse.[1][2]
O patrocinador principal do club é a empresa Acanor.
|
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SD Atlético Novás |