Saltar ao contido

BM Cisne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BM Cisne
Club Cisne no Torneo Concello do Rosal 2014
Nome completoClub Cisne Balonmano
CidadePontevedra, Galicia Galicia
Historia1964-
Fundado1964
PavillónCentro Galego de Tecnificación Deportiva
PresidenteGalicia Santiago Picallo Bua
AdestradorEmilio Pintos Soto
CompeticiónLiga ASOBAL
Cores          Azul e branco
Na rede
https://clubcisne.es/club-cisne
Facebook: ClubCisneBalonmano Twitter: ClubCisneBalonm Editar o valor en Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
BM Cisne _ Córdoba Cajasur de División de Prata 2019-20 no CGTD.

O Club Cisne Balonmano de Pontevedra, por motivos de patrocinio DICSA Modular Club Cisne Balonmano, é unha asociación deportiva fundada en Pontevedra en 1964. Xoga na Liga ASOBAL.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome a que o cisne era o emblema da Frente de Juventudes, asociación xuvenil da FET y de las JONS. Inicialmente aglutinaba máis actividades deportivas, destacando o atletismo, baloncesto, voleibol, piragüismo e balonmán. Co paso do tempo apareceron outros clubs para os diferentes deportes, asentándose o Cisne na práctica do balonmán, de gran tradición na cidade.

A partir de 1970 o club comezou a destacar en diversos campionatos deste deporte, baseando a súa actividade no traballo co deporte base, acadando reputación no balonmán estatal como berce dunha das máis importantes canteiras de xogadores de balonmán de Galiza.[1]

O equipo logrou 13 campionatos galegos: 4 en categoría cadete, 6 en categoría xuvenil, e 3 en categoría júnior. A nivel estatal os maiores logro foron o 4º posto no campionato de España de categoría xuvenil, logrado en Granollers en 1978 e o 3º logrado na mesma localidade en 2018. Este último é o mellor posto logrado por un equipo galego en categorías base.[2][3]

O equipo sénior foi incrementando a súa categoría e calidade, ascendendo en 1981 á división de Prata do balonmán español. Durante esa década mantivo gran rivalidade co Teucro (tamén de Pontevedra) e co Octavio Pilotes Posada de Vigo, sempre con xogadores afeccionados, todos eles da cidade e formados nas categorías base do club.

Durante varias tempadas mantívose na División de Honra B pero coa profesionalización do balonmán baixou ata a Segunda División Nacional (4ª categoría do balonmán español). Tras 8 tempadas nesa categoría, no ano 2000 venceu na Fase de Ascenso celebrada en Alcalá de Henares, regresando á Primeira División Nacional (3ª categoría do balonmán español). Militou nesa categoría ata a tempada 2014/15, na que conseguiu o ascenso e o retorno á División de Honra Prata case 30 anos despois.[4]

Na tempada 2019/20 o club proclamouse campión da División de Honra Prata, logrando así o primeiro ascenso da súa historia á Liga ASOBAL.[5]

Liga ASOBAL

[editar | editar a fonte]

Debutou na máxima categoría o 9 de setembro de 2020 no Palacio de Deportes de Granollers fronte ao Fraikin BM Granollers, caendo derrotado por 27-21.[6] Logrou a súa primeira vitoria na ASOBAL o día 12 do mesmo mes, no derbi galego fronte ao Frigoríficos do Morrazo no Gatañal por 26-33.[7]

  1. "Historia do Club Cisne Balonmano" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  2. "Un bronce histórico e de futuro". Faro de Vigo. 7 de maio de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  3. "Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España". Pontevedra Viva. 6 de de maio de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  4. Espiño, Ramiro; Torrado, Diego (17 de de maio de 2015). "Un soño feito realidade: o Cisne fai pleno, imponse ao BM Elda (27-25) e consegue o ascenso". Pontevedra Viva. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  5. Espiño, Diego (4 de maio de 2020). "É oficial, o Club Cisne ascende á Liga Asobal". Pontevedra Viva. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  6. "27-21. El Cisne cae en su debut en la Liga Asobal tras plantar cara al Granollers". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  7. "O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)". Pontevedra Viva. 12 de setembro de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]