CB Atlético Guardés
| Mecalia Atl. Guardés | |||
|---|---|---|---|
CB Atlético Guardés 2024-25 | |||
| Nome completo | Club Balonmán Atlético Guardés | ||
| Cidade | A Guarda, | ||
| Historia | 1967 | ||
| Fundado | 1967 | ||
| Pavillón | Pavillón Municipal da Sangriña (600 espectadores) | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Competición | División de Honor | ||
| Títulos | |||
| División de Honra | 2016-17 | ||
| Cores | Negro, azul e branco | ||
| Na rede | |||
| http://balonmanatleticoguardes.com | |||
| Sitio web Sitio web oficial | |||
O Club Balonmán Atlético Guardés, chamado por motivos de patrocinio Mecalia Atlético Guardés, é un equipo de balonmán feminino da Guarda, fundado en 1967. Dende a tempada 2013-14 xoga na División de Honra, a máxima categoría de balonmán feminino en España. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal da Sangriña, con capacidade para 600 persoas.
Dende o seu ascenso á máxima categoría ocupou os postos de cabeza da clasificación, conseguindo finalizar na quinta posición na tempada do seu debut. O primeiro gran logro do club do Baixo Miño chegou na tempada 2016-17, cando se proclamou campión da División de Honra, converténdose no segundo club galego en gañar a máxima categoría do balonmán feminino español despois de que a Sociedad Hípica A Coruña se alzara co título na tempada 1961-62. Na tempada 2025-26 chegou o primeiro título continental ás vitrinas do Atlético Guardés logo de impoñerse na final da Copa Europea da EHF feminina o MŠK IUVENTA Michalovce eslovaco.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes do Atlético Guardés remóntanse á tempada 1967-68, cando un equipo feminino da man de Jose Carlos Rodríguez Barros comezou a xogar no Colexio P.P. Somascos da Guarda. Na tempada 1971-72 o equipo adoptou a denominación actual, ese ano competiu na terceira categoría provincial, na que finalizou na segunda posición, o que lle permitiu xogar a fase de ascenso, logrando subir de categoría. En segunda provincial permaneceu ata a tempada 1981-82, ano no que se proclamaron campioas da categoría e conseguiron o ascenso a primeira provincial, categoría na que permaneceron ata a tempada 1984-85, cando tras conseguir o campionato conseguiron o ascenso a segunda división nacional na fase de ascenso.[1]
Na tempada 2011-2012 o Guardés ascendeu á División de Honor, a máxima categoría de balonmán feminino en España.[2]
No seu debut na máxima categoría a tempada 2012-2013 o equipo finalizou na quinta posición da táboa con 17 vitorias, 1 empate e 8 derrotas para un total de 35 puntos,[3] e clasificouse por primeira vez para participar na Recopa de Europa na seguinte tempada, chegando á terceira rolda, onde foi eliminado polo Zvezda Zvenigorod de Rusia, sendo derrotado nos dous partidos da eliminatoria por 36-15 e 20-28.[4]
No verán de 2013 chegou ao banco guardés o técnico navarro Manu Etayo.[5] Nesta primeira tempada no banco do técnico navarro o equipo conseguiu mellorar na clasificación final malia colleitar máis derrotas que a tempada anterior (16 vitorias, 10 derrotas e ningún empate), alcanzando a cuarta praza con 32 puntos e clasificándose por segundo ano consecutivo para disputar unha competición europea.[6]
Na tempada 2014-15 repetiu participación europea, de novo na Recopa, enfrontándose na terceira rolda ao Byåsen Trondheim noruegués, co que perdeu o primeiro partido por 30-25 e no segundo, disputado ao día seguinte tamén na Sangriña, por 31-35.[7]
A finais da tempada 2015-16, logo de que o equipo caera nas semifinais da Copa da Raíña, a entidade decidi non renovar a Manu Etayo (axudante de Jorge Dueñas na selección española absoluta) considerando que era o momento de pechar un ciclo. O substituto de Etayo foi o valenciano José Ignacio Prades.[8]
O maior logro da historia do club chegou na tempada 2016-17, cando as xogadoras do primeiro equipo, dirixidas polo valenciano José Ignacio Prades, proclamáronse campioas da máxima categoría do balonmán español, a División de Honra, logo de derrotar na súa cancha ao Granollers por 28 goles a 20. Deste xeito o club guardés convertíase no segundo equipo galego en alzar o título da máxima competición española de balonmán feminino 55 anos despois de que a Sociedad Hípica da Coruña conseguírao na tempada 1961-62.[9][10]
Na tempada 2017-18 o equipo galego disputou o torneo cualificatorio para disputar a Liga de Campioas,[11] máxima competición do balonmán feminino en Europa. O equipo de Prades encadrouse no grupo 2, quedando emparelladas no cruzamento co Thüringer HC. As guardesas perderon no partido disputado o 9 de setembro de 2017 en Nordhausen (Alemaña) por 31-21,[12] a pesar do bo inicio do cadro da Guarda, unha seca de dez minutos sen marcar e as perdas de balón foron determinantes na derrota fronte as subcampioas da Bundesliga.[13] No partido polo terceiro posto do grupo perderon ao día seguinte no mesmo escenario por 29 goles a 27 fronte ao Hypo Niederösterreich austríaco.[14] Deste xeito o equipo pasaba a disputar a segunda rolda eliminatoria da Copa EHF, onde se enfrontou ao equipo ruso do Astrakhanochka, nunha eliminatoria a dobre partido disputada integramente na Guarda os días 14 e 15 de outubro, caendo derrotadas en ambos partidos por 28-25 e 33-30, despedíndose así da segunda competición continental en importancia.[15][16][17] Na liga, o equipo conseguiu o subcampionato por detrás do Bera Bera, que cos mesmos puntos que as guardesas proclamouse campión grazas ás dúas vitorias que conseguiron sobre o equipo galego.[18]
Na tempada 20211-22 o Guardés chegou ata a final da Copa da Raíña. O equipo do Baixo Miño clasificouse directamente para disputar a segunda rolda da competición, onde se mediu o Vinos Doña Berenguela Bolaños na eliminatoria a dobre volta, gañando por 76-37 no cómputo global. Na fase final, celebrada en Donostia, o equipo galego impúxose nos cuartos de final o KH-7 BM. Granollers (26-31), conseguindo deste xeito avanzar ata as semifinais, nas que se enfrontou o equipo organizador, o Súper Amara Bera Bera. Unha vez máis, o Guardés impúxose por 24 :goles a 20, converténdose no primeiro equipo galego de balonmán feminino en disputar unha final de copa. No partido polo título, disputado fronte o Costa del Sol Málaga, o cadro andaluz acabou impoñéndose 26-33 cunha gran actuación da porteira Merche Castellanos, que sumada aos goles de Sole López, provocaron a vantaxe malagueña, que foi demasiado para un Guardés canso polo esforzo ao contar cun cadro de xogadoras curto e que non puido contar coa lesionada Sandra Santiago.[19][20]
Na tempada 2024-25 o Atlético Guardés proclamouse campión da liga regular a falta de tres xornadas grazas á vitora fronte o Costa del Sol Málaga na que o equipo galego remontou unha desvantaxe de tres goles nos últimos dous minutos de partido.[21]
Na tempada 2025-26 o equipo acadou a Copa Europea da EHF feminina.[22]
Pavillón
[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Pavillón Municipal da Sangriña.
O Atlético Guardés xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal da Sangriña, un recinto con capacidade para 600 persoas.[8] No verán de 2021 o pleno municipal da Guarda aprobou a remodelación do pavillón cun orzamento de 1,6 millóns de euros. Esta remodelación afectou á fachada, á creación dunha planta superior para o público, aos vestiarios, aseos, e a mellora dos accesos e a eficiencia enerxética.[23]
Xogadoras
[editar | editar a fonte]Cadro 2017-18
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Máximas goleadoras en DH
[editar | editar a fonte]| Tempada | Goleadora | Goles | Partidos | Posición en liga | Ref. |
|---|---|---|---|---|---|
| 2012-13 | 136 | 24 | 10 | ||
| 2013-14 | 173 | 25 | 4 | [24] | |
| 2014-15 | |||||
| 2015-16 | |||||
| 2016-17 | 131 | 25 | 11 | [25] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]
- Manu Etayo: 2013-2016
- José Ignacio Prades: 2016
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 División de Honor (2016-17)
- 1 Copa Europea da EHF feminina (2025-26)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O club guardés acadou ao longo da súa historia numerosos galardóns de distintas institucións:[1]
- Premio ao mellor labor do Deporte Base outorgado pola Federación Territorial nas tempadas 1997-98, 1998-99, 1999-2000 e 2000-01.
- Na tempada 1998-99 recibiu o Premio Anual do Mellor Club a mans da Federación Galega de Balonmán.
- Recibiu o Premio Anual á Promoción Feminina da Federación Galega de Balonmán na tempada 1999-2000.
- Nas tempadas 2000-01 e 2001-02 recibiu o Premio á Deportividade da Federación Galega de Balonmán.
- A Xunta de Galicia outorgoulle a distinción de Mellor Club de Galicia de Balonmán na tempada 2002-03.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Historia". Clube Balonmán Atlético Guardés. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "El Cangas y el Palmanaranja de Córdoba ascienden a la Liga Asobal", artigo en El Norte de Castilla, 27 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ "DIV. H. FEMENINA - LIGA LOTERÍAS BM. FEMENINO. DIVISION DE HONOR FEMENINA. LIGA REGULAR. Clasificación 2012-13" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Handball - Mecalia Atlético Guardés (Women) - 2013-/2014" (en inglés). the-sports.org. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ Soler Olcina, Vicente (16 de xullo de 2013). "MANU ETAYO, NUEVO ENTRENADOR DEL GUARDÉS". deportecienporcien.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "DIV. H. FEMENINA - LIGA LOTERÍAS BM. FEMENINO. DIVISION DE HONOR FEMENINA. LIGA REGULAR. Clasificación 2013-14" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "El At. Guardés vuelve a perder con el Byasen y queda eliminado". Marca (en castelán). 23 de novembro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2015.
- 1 2 "A Guarda, el pueblo donde el balonmano femenino es el deporte rey". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de maio de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "El Mecalia Atlético Guardés gana su primer título de Liga". Super Deporte (en castelán). 27 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ Fente, Manuel (27 de maio de 2017). "El Atlético Guardés entra en la nobleza del balonmano español". Marca (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Difícil debut del Atlético Guardés en la 'Champions'". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Ficha do partido" (en inglés). 9 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "El Atlético Guardés tendrá que conformarse con la Copa EHF". As (en castelán). 9 de setembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Ficha do partido" (en inglés). 9 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "El Atlético Guardés jugará en casa partidos de su eliminatoria de la Copa EHF". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de setembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Atlético Guardés y Bera Bera se despiden de Europa". Marca (en castelán). 15 de outubro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "QR2" (en inglés). EHF. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Un subcampeonato histórico para el Mecalia Atl. Guardés". GaliciaDeportiva.es (en castelán). 30 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "No digas que fue un sueño" (en castelán). balonmanatleticoguardes.com. Consultado o 27 de maio de 2026.
- ↑ "División de Honor Femenina - Liga Guerreras Iberdrola 2021/22" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 27 de maio de 2026.
- ↑ Iácome Fuensalida, María (5 de abril de 2025). "El Guardés: campeón de Liga regular 2024/25". balonmano.info (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2026.
- ↑ "Historia na Sangriña: o Atlético Guardés levanta o seu primeiro título europeo". Nós Diario. 24 de maio de 2026.
- ↑ Torres, Mónica (2 de agosto de 2021). "El alcalde de A Guarda saca adelante el plan de refor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
- ↑ "GOLEADORES POR COMPETICION:DIVISION DE HONOR FEMENINA (2013-14)" (en castelán). RFEB. Archived from the original on 22 de maio de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ "GOLEADORES (2016-17)" (en castelán). RFEB. Consultado o 13 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CB Atlético Guardés |