Sociedad Atlética Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S.A.R
Foto del equipo SAR.jpg
Nome completoSociedade Atlética Redondela
CidadeGalicia Redondela, Galicia
Fundado1963
PavillónPavillón municipal de Redondela Redondela
PresidenteGalicia Aurelio Krook Moldes
AdestradorGalicia Elisardo Manuel González Covelo e Verónica Posada Bouzón
CompeticiónDivisión de Honor Plata (F) 1ª Nacional (M)
Cores          Negro e verde
Na rede
http://sarbalonman.blogspot.com.es
Facebook: Club-SAR-BM-656651784529841 Twitter: sarbalonman Instagram: sarbalonman Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

A Sociedade Atlética Redondela, tamén coñecida polo seu acrónimo S.A.R. Balonmán, é un equipo de balonmán da vila pontevedresa de Redondela. Por motivos de patrocinio, na tempada 2021-2022 denomínase S.A.R Plastic Omnium o equipo masculino e S.A.R. Rodavigo o feminino.[1] Foi fundado o 6 de agosto de 1963, malia que non se produciu o debut en competicións oficiais até 1964. O seu primeiro presidente foi Pedro Regojo Otero, fundador da empresa téxtil homónima, quen tamén patrocinaba ao equipo.

Na tempada 2021-2022 milita na Primeira Nacional o equipo masculino, e en División de Honor Prata o equipo femenino. Xoga os seus partidos como local no Pavillón municipal de Redondela en Redondela.

Historia[2][editar | editar a fonte]

En 1963, cando falar de hóckey ou tenis era sinónimo de ser políglota, un grupo de mozos de Redondela decidiu apostar polos deportes minoritarios. Con fe, como nacen os proxectos humildes, e con poucas horas de sono, logrou instituírse o que desde un comezo se chamou a Sociedade Atlética de Redondela, ou a SAR, familiarmente.

Moitas ilusións, quizais demasiadas, aínda que sexa para comezar de xeito contundente, fixeron desta esperanza unha realidade plural e extensa. A SAR significaba, modestamente, a actividade deportiva e cultural de todo o pobo: campionatos de atletismo ou natación, torneos de xadrez, exposicións de pintura, festivais musicais, etc.

Un ano despois do primeiro empurrón xorde a sección de balonmán, e con ela unha filosofía e un club que perdura aínda hoxe. Cos atrancos económicos propios de calquera inicio, os distintos equipos foron achegando o seu esforzo e compromiso, de tal xeito que na actualidade as novas xeracións de xogadores poden gozar da oportunidade de participar en competicións de grande nivel.

Pouco a pouco foise afianzando como un dos equipos históricos do balonmán galego, e soubo sempre manterse entre os privilexiados. Sen grandes aspiracións económicas logrou, aínda así, fitos importantes: en primeiro lugar, consolidar o seu sitio en Primeira Nacional, e en segundo lugar regalar á súa afección inesquecibles tempadas en división de honra B, sen dúbida algo impensable cando naceu, case coma unha complicidade entre amigos coa idea dunha cor.

A primeira directiva, constituída en 1963, estaba formada por:

Presidente: Pedro Regojo Otero
Vicepresidente: Lino Velo Amaro
Secretario: Antonio Soto López
Tesoureiro: Alfonso Figueiral Hermida
Vogais: Telmo Tojeiro Pérez, Jose A. Paz Núñez, Jesús Pérez Varela, Olimpio Giráldez Lera, Alfonso Pereira Fernández.
Vogais colaboradores: Severo Rivas Tojeiro, Gumersindo Guedella Sandoval, Generoso Cabaleiro Muíños e Manuel Cabaleiro Alfonso.

Catro anos máis tarde, cando o equipo masculino xa tivera unha bagaxe de tres anos dende o seu primeiro partido oficial, formouse a categoría absoluta feminina do club.

Na tempada 2017/2018 e equipo infantil masculino, dirixido por Iván Vázquez e por Lucas Bouzón, que estaba na segunda categoría na que quedou primeiro na liga do grupo do sur, por este resultado na liga disputouse un torneo en Arteixo no que resulto campión de dicho playoff o que lle permitiu a opción de disputar o playoff de acceso ao campionato de España. Neste campionato que se disputou en Cangas logrou quedar entre os dous primeiros o que lle permitiu acceder ao campionato de España de balonmán nesa categoría.

Escudo e cores[editar | editar a fonte]

Escudo da SAR

O escudo da SAR fica conformado por unha esfera con fondo branco sobre a que se asenta unha cuncha de vieira amarela, con trazos negros nas marxes. Na periferia da circunferencia branca, e arrodeándoa, debúxase unha liña verde que percorre o perímetro case na súa totalidade, unicamente interrompida polas siglas "SAR" en cor negra e maiúsculas.

Cando a SAR xoga os seus partidos como local, independentemente da categoría, os partidos dispútanse cunha camisola verde e un pantalón negro. Cando e necesario usar o segunda equipamento, esta conformase por un pantalón negro e unha camiseta negra.

Equipos Sénior[editar | editar a fonte]

Masculino[editar | editar a fonte]

Na tempada 2021-2022 a SAR na sección masculina ten dous equipos, o primeiro equipo está na Primeira Nacional e o equipo filial está na liga de Segunda Autonómica.[3]

O equipo masculino de Primeira Nacional está conformado polos seguintes xogadores:

Posto País Xogador
POR Galicia Daniel Pereira Cadilla "Calvilla"
POR Galicia Abian Rodriguez Gutierrez
POR Galicia Pablo Sanchez Nogueira
EXT Galicia Manuel Piñeiro Otero "Manupin"
EXT Galicia Alexandre Cernadas Rial
EXT Galicia Yeray Soutullo Perez
EXT Galicia Diego López Mora
LAT Galicia Carlos Ocaña Matas
24 LAT Galicia Lucas Bouzón Veiga
LAT Galicia Lois Lago Docampo "Risitas"
LAT Galicia Iago Docal Chantada
LAT Portugal Andre de Moura Álvarez
LAT Galicia Celso Alonso López
LAT Galicia Roman Arboleya Vega
CEN Galicia Ivan Vazquez Darriba
CEN Galicia Javier Rivas Aldao
PIV Galicia Manuel Dorna Rodriguez
PIV Galicia Jose Alberto Carballido López

Adestradores[editar | editar a fonte]

Adestrador Tempadas Partidos dirixidos Categoría
Elisardo Manuel González Covelo 2022-Actualidade Primeira Nacional
Jose Pablo Muíños Reboredo
Diego Lorenzo Perez
Carlos Rey

Feminino[editar | editar a fonte]

Na tempada 2021-2022 o equipo feminino de División de Honor Prata está conformado polas seguintes xogadoras:

Posto País Xogador
POR Galicia Adriana Ayude Tilve
POR Galicia Cecilia Rodríguez Gesteira
POR Galicia Uxía García Pérez
EXT Galicia Sara González Abal
EXT Galicia Xeila Fervenza Rodriguez
EXT Galicia Natalia Solla Prado
EXT Galicia Ana Senra Paz
81 LAT Galicia Estafanía Vilas Rueda
LAT Galicia Goretti Miguel Crespo
LAT Galicia Lucía Pérez Montero
LAT Galicia Lara Patiño Otero
LAT Galicia Ángela Vilaboa Novelle
CEN Galicia Eva Rodríguez Alonso
CEN Galicia María Pexegueiro Estévez
PIV Galicia María Eugenia González Muras
PIV Galicia Sara Vilaboa Novelle
PIV Galicia Noelia Solla Prado

Adestradores[editar | editar a fonte]

Adestrador Tempadas Partidos dirixidos Categoría
Verónica Posada Bouzón 2021-Actualidade División de Honor Prata
Elisardo Manuel González Covelo

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Logro
2019/2020 Primeira Autonómica Ascenso a Primeira Nacional
1998/1999
1997/1998
O xogador Lois nun partido.

Categorías inferiores[4][editar | editar a fonte]

A adestradora Nerea dando ordes aos seus xogadores.

Se hai algo que caracterizou a SAR dende a primeira pedra é a súa filosofía: clara e firme. E todas as etapas polas que atravesa evidencian esta tendencia que é un selo de carácter ou, máis ben, unha aposta e unha ilusión.

Dende as categorías inferiores ata o primeiro equipo todo se vai enfiando a partir do mesmo punto: confiar a base do grupo á xente da casa, isto é, depositar a responsabilidade na xente nova de Redondela, co fin de crear unha entidade que represente fielmente a vila, cun gran poder identitario.

Pero aínda hai máis: trátase de construír unha verdadeira escola para o deporte coa que formar e dar saídas aos nenos e nenas dende idades moi temperás. Unha posibilidade de sa diversión que se inclúe xa dende o ensino máis básico nas escolas.

Por suposto, esta iniciativa, esta maquinaria, necesita dunha perfecta engrenaxe, e dende a SAR promóvese unha motivación esencial: a implicación.

A implicación aparece cando non fai falta buscar, cando todo se move nunha mesma dirección. Neste sentido o club nútrese dos seus propios membros para organizarse: son xogadores, directivos e persoas do contorno próximo que se converten en adestradores, delegados ou monitores, proporcionando o capital humano necesario para dar resposta a todas as necesidades.

Froito deste traballo colectivo atopamos o que se coñece hoxe como a SAR, un total de dezaseis equipos que inclúen: un Sénior masculino en Primeira Nacional, e un feminino en División de Honor Plata; un Sénior masculino en Segunda autonómica; un xuvenil masculino e un feminino na liga galega; un cadete feminino e un masculino na liga galega; un infantil feminino e un masculino na liga galega; tres alevíns e tres benxamíns mixtos en liga provincial; e ademais as escolas deportivas cunha importante canteira de promesas.

Os éxitos máis recentes da base na sección masculina foi o acceso ó campionato de España na categoría infantil na tempada 2017/2018, e na sección feminina foron o acceso ó campionato de España xogado en Redondela na categoría infantil na tempada 2015/2016 e o acceso ó campionato de España na categoría xuvenil na tempada 2014/2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federacón Galega de Balonmán (ed.). "Team Card". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  2. "HISTORIA". sarbalonman.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2022-03-24. 
  3. "Balonmán Pista". Federación Galega de Balonmán (en castelán). Consultado o 2022-02-18. 
  4. "QUENES SOMOS?". sarbalonman.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2022-03-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Canle da Sociedade Atlética no YouTube
Información na RFEBM do equipo masculino
Información na RFEBM do equipo femenino