BM Porriño
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| BM Porriño | |||
|---|---|---|---|
Xogadoras do equipo en 2025 | |||
| Nome completo | Club Balonmano Porriño | ||
| Cidade | O Porriño, | ||
| Historia | 1987- | ||
| Fundado | 1987 | ||
| Pavillón | Pavillón municipal do Porriño | ||
| Presidente | |||
| Competición | División de Honra | ||
| Cores | Vermello e negro | ||
| Na rede | |||
| http://www.balonmanoporrino.com/ | |||
| Sitio web Sitio web oficial | |||
O Club Balonmano Porriño é un club de balonmán do concello do Porriño. Ten equipos en once categorías, tanto femininas coma masculinas. A sección feminina xoga na División de Honra, a máxima categoría en España.
Historia
[editar | editar a fonte]Na década de 1970 existiu un equipo de balonmán feminino no Porriño, que na tempada 1974-75 chegou a competir na primeira división, mais o proxecto desapareceu por falta de apoios económico.[1] En 1985 fundouse o club, e na tempada 1990/91 comezaron a traballar coa canteira.[1] Na tempada 1996/97 o club feminino ascendeu á División de Honra. Logo de catro anos descendeu á División de Prata, e recuperou a máxima categoría en 2011.[2] tras unha fase de ascenso[3] que se xogou na propia vila do Porriño.[4] Na tempada 2013/2014 acadaron a 5ª praza, co que se clasificaron para a Recopa EHF, o que lograron de novo na tempada seguinte e na 2022/23.[5]
Foi o club anfitrión da Copa da Raíña nas tempadas 2015-16 e 2016-17,[6] e os dous anos chegaron ás semifinais. Na tempada 2019/20 ían en penúltima posición na liga cando se cancelou a competición por mor da pandemia de COVID-19, polo que finalmente mantiveron a categoría.
Na tempada 2023/24 acadaron a 4ª posición, o que lles permitiu clasificarse para a EHF European Cup.[7][8] Na tempada 2024-25 clasificáronse para o play-off da liga e chegaron á final da EHF European Cup.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Categoría feminina
[editar | editar a fonte]| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 2011-2012 | División de Honra | 10º |
| 2012-2013 | División de Honra | 6º |
| 2013-2014 | División de Honra | 5º |
| 2014-2015 | División de Honra | 7º |
| 2015-2016 | División de Honra | - |
Categoría masculina
[editar | editar a fonte]| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 2011-2012 | Primeira Nacional | 2º |
| 2012-2013 | Primeira División Autonómica | 3º |
| 2013-2014 | Primeira División Autonómica | 7º |
| 2014-2015 | Primeira División Autonómica | 1º |
| 2015-2016 | Primeira Nacional | 10º |
Distincións
[editar | editar a fonte]En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios ao deporte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía DHF 2016/17". issuu.com (en castelán). 18 de setembro de 2016. p. 35. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2025. Consultado o 08 de maio de 2025.
- ↑ "Porriño, Coia y Lavadores, en balonmano, se juegan el ascenso". El Correo Gallego (en castelán). 1 de maio de 2010.
- ↑ Dosier informativo Copa de la Reina 2015. 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2023. Consultado o 08 de maio de 2025.
- ↑ "Porriño alberga la fase de ascenso a División de Honor" (en castelán). 15 de abril de 2010.
- ↑ "Clasificación temporada 2022-23". Real Federación Española de Balonmano. 15 de abril de 2023.
- ↑ "Porriño, sede de la Copa de la Reina por segundo año consecutivo". Real Federación Española de Balonmano (en castelán). 23 de marzo de 2017.
- ↑ Jorge Castro (12 de xuño de 2024). "Europa se aleja para el Balonmano Porriño". Atlántico Diario (en castelán).
- ↑ Jorge Castro (3 de outubro de 2024). "El Balonmano Porriño se cita con la historia". Atlántico Diario (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |