Halcones de Vigo BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de Béisbol de As Plantas, casa dos Halcones de Vigo.

O Halcones de Vigo Béisbol Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo que se dedica ó Béisbol. O equipo xoga os seus encontros como local no campo de béisbol de As Plantas, na parroquia de Bembrive, Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo naceu no ano 2005, e nos anos 2006 e 2007 xa foi quen de acadar o subcampionato na Liga Xunta de Galicia de Béisbol fronte ó Club Béisbol Cambre. No ano 2008 o club participou por primeira vez na Liga Nacional de Primeira División, a segunda categoría do béisbol en España, e no seu primeiro ano acadou o ascenso á División de Honra[1].

En 2009, a primeira presenza do Halcones de Vigo Béisbol Club na máxima categoría do béisbol nacional rematou cunha 8ª posición na táboa clasificatoria, acadando deste xeito manter por un ano máis a categoría. En 2010 o equipo repetiu a 8ª posición final na liga. Na tempada 2011 o equipo rematou a tempada na 7ª posición.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]