Balonmán Xiria
Balonmán Xiria | |
---|---|
Nome completo | Escolas de Balonmán Xiria (Sección de Balonmán da AD Xiria) |
Cidade | Carballo, Galicia |
Historia | 1984- |
Fundado | 1984 |
Pavillón | Pavillón da Zona Escolar (800 espectadores sentados) |
Presidente | Luciano Calvo Pumpido |
Adestrador | Adrián Dubra Ceniceros |
Competición | Primeira Nacional Grupo A |
Cores | Verde, negro e branco |
Sitio web Sitio web oficial |
O Balonmán Xiria, coñecido por motivos de patrocinio como Calvo Xiria, é a sección de balonmán da asociación polideportiva galega Xiria da localidade de Carballo (A Coruña), que na tempada 2019-20 compite na 1ª División Estatal do balonmán español. Disputa os seus partidos como local no Pavillon da Zona Escolar da capital bergantiñá, cunha capacidade para aproximandamente 1200 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
A sección de balonmán da Asociación Deportiva Xiria foi fundada no ano 1984.
Na tempada 2010-11 o Xiria fixo historia ao clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no estado español por detrás da Asobal, conseguíndoo cun equipo formado por xogadores saídos da base do club[1][2].
En setembro de 2011 o equipo dirixido por Marcos Rodríguez estivo a piques de facer historia e clasificarse para a final da Copa Galicia, cuxa fase final se disputou na capital bergantiñá, logo de caer fronte ao Academia Octavio de Vigo, que daquela competía na Liga Asobal, por 26-28 nun partido no que os carballeses foron por diante no marcador ata o minuto 48. Esta foi a primeira vez que o Xiria se enfrontou a un equipo da máxima categoría do balonmán español.[3][4]
O 1 de maio de 2021 o Xiria conseguiu a clasificación para a fase de ascenso a División de Honra Prata por sétima vez na súa historia logo de superar con claridade en Carballo no derbi provincial ao OAR A Coruña por 20-37.[5]
En marzo de 2023, dez anos despois da súa creación, o equipo feminino conseguiu o campionato da Primeira Galicia logo de impoñerse ao Balonmán Seis do Nadal-Coia no Pavillón Vila de Noia de Carballo (35-20). Deste xeito o equipo carballés clasificábase para disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata. [6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Calvo consegue a súa maior xesta (La Voz de Galicia) (en galego)
- ↑ El Xiria arrolla al Novás y luchará por el ascenso (La Opinión de A Coruña) (en castelán)
- ↑ Ferreiro, José M. (4 de setembro de 2011). "El Calvo tuteó al Octavio con una afición entregada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2019.
- ↑ "El Calvo Xiria juega ante el Octavio de la liga Asobal en la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2019.
- ↑ "El Calvo Xiria disputará la séptima fase de ascenso a Plata". La Voz de Galicia (en es)). 1 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ Lestón, Antón (26 de marzo de 2023). "El Xiria femenino, campeón de la Primera Autonómica". La Voz de Galicia (en es)). Consultado o 27 de marzo de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |