Bajo Cinca
O Bajo Cinca (Baix Cinca en catalán e oficialmente Bajo Cinca/Baix Cinca[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da comunidade. Engloba 10 concellos da provincia de Huesca e un da de Zaragoza (Mequinenza). A capital administrativa é Fraga.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte coas comarcas de La Litera e o Cinca Medio, ao oeste coa comarca dos Monegros, ao sur coa comarca de Bajo Aragón-Caspe, e ao leste coa provincia de Lleida.
A súa xeografía está caracterizada polo contraste das ribeiras fértiles do Ebro, Cinca e Segre e o secaño que se estende fóra dos vales. Nos últimos anos tamén se desenvolveu o regadío nas zonas de secaño, co que a paisaxe modificouse. É de gran valor ecolóxico a Serreta Negra, con varias especies de plantas endémicas.
Concellos[editar | editar a fonte]
Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2011) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Ballobar | 127,7 | 974 | 7,63 |
Belver de Cinca | 82,6 | 1.374 | 16,63 |
Candasnos | 122,4 | 395 | 3,23 |
Chalamera | 11,5 | 122 | 10,61 |
Fraga | 437,6 | 14.426 | 32,97 |
Mequinenza | 307,2 | 2.478 | 8,07 |
Ontiñena | 137,0 | 597 | 4,36 |
Osso de Cinca | 27,7 | 768 | 27,73 |
Torrente de Cinca | 56,8 | 1.337 | 23,54 |
Velilla de Cinca | 16,5 | 449 | 27,21 |
Zaidín | 92,6 | 1.689 | 18,24 |
1.419,6 | 24.609 | 17,34 |
Linguas[editar | editar a fonte]
A comarca é bilingüe. Os municipios de Mequinenza, Torrente de Cinca, Velilla de Cinca e Zaidín son maioritariamente catalanofalantes mentres que Fraga aglutina unha porcentaxe similar de poboación catalanofalante e castelanofalante. Todos eses municipios pertencen á chamada Franxa de Aragón. Os municipios de Ballobar, Belver de Cinca, Candasnos, Chalamera, Ontiñena e Osso de Cinca son castelanofalantes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006, de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en castelán)
- Comarca Bajo Cinca, en comarcaacomarca.com (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Bajo Cinca (en castelán)
|