Ribera Alta del Ebro
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Aragón | |||
| Provincia | provincia de Zaragoza | |||
| Capital | Alagón | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 28.400 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 416 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
A Ribera Alta del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada ao oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Alagón.
Municipios
[editar | editar a fonte]A comarca engloba os municipios de Alagón, Alcalá de Ebro, Bárboles, Boquiñeni, Cabañas de Ebro, Figueruelas, Gallur, Grisén, La Joyosa, Luceni, Pedrola, Pinseque, Pleitas, Pradilla de Ebro, Remolinos, Sobradiel e Torres de Berrellén.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Trátase da bisbarra aragonesa máis pequena en extensión que, non obstante, ofrece unha das densidades de poboación máis alta respecto á media das bisbarras aragonesas. Este feito é posible grazas ao gran número de poboacións que a integran, así como unha media de habitantes por poboación elevada.
Limita ao norte coas Cinco Villas, ao oeste co Campo de Borja, ao sur con Valdejalón e ao leste con Zaragoza.
Economía
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente a súa economía centrábase na horta cultivada entre os ríos Ebro e Jalón, afluente do Ebro. Actualmente a planta de Opel-España xunto coas súas industrias auxiliares sitúase en Figueruelas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Comarca Ribera Alta del Ebro, en comarcaacomarca.com (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Ribera Alta del Ebro Arquivado 25 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)

