Campo de Cariñena
O Campo de Cariñena é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza, entre os ríos Jalón e Huerva. A súa capital é Cariñena.
Municipios[editar | editar a fonte]
A comarca engloba aos municipios de Aguarón, Aguilón, Aladrén, Alfamén, Cariñena, Cosuenda, Encinacorba, Longares, Mezalocha, Muel, Paniza, Tosos, Villanueva de Huerva e Vistabella de Huerva.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte coas comarcas de Valdejalón e Zaragoza, ao oeste coa Comunidade de Calatayud, ao sur co Campo de Daroca e ao leste co Campo de Belchite.
Economía[editar | editar a fonte]
Destacan os seus viños con denominación de orixe, obtida en 1935 e homologada en 1989. A superficie de cultivo de vide é dunhas 17.908 hectáreas e a produción de viño de 300.000 hectolitros.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Comarca do Campo de Cariñena, en comarcaacomarca.com Arquivado 25 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Campo de Cariñena (en castelán)