Ribera Baja del Ebro
Aparencia
Coord.: 41°25′N 0°30′O / 41.42, -0.5
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Quinto | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 989,9 km² | |||
Sitio web | riberabaja.es |
A Ribera Baja del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada na provincia de Zaragoza, na ribeira do Ebro. A súa capital é Quinto.
Municipios
[editar | editar a fonte]A comarca engloba aos municipios de Alborge, Alforque, Cinco Olivas, Escatrón, Gelsa, Pina de Ebro, Quinto, Sástago, Velilla de Ebro e La Zaida.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte cos Monegros, ao oeste con Zaragoza, ao sur co Campo de Belchite e o Bajo Martín e ao leste co Bajo Aragón-Caspe. Ás veces inclúese esta bisbarra dentro do Bajo Aragón Histórico.
Cultura
[editar | editar a fonte]Destacan entre o seu patrimonio o Mosteiro de Rueda, un mosteiro cisterciense no municipio de Sástago, e as ruínas da colonia romana de Celsa, inicialmente chamada Colonia Victrix Iulia Lépida, preto de Velilla de Ebro.