Valdejalón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.
Restos do Castelo de Villanueva de Jalón.

Valdejalón é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é La Almunia de Doña Godina.

Municipios[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Almonacid de la Sierra, La Almunia de Doña Godina, Alpartir, Bardallur, Calatorao, Chodes, Épila, Lucena de Jalón, Lumpiaque, Morata de Jalón, La Muela, Plasencia de Jalón, Ricla, Rueda de Jalón, Salillas de Jalón, Santa Cruz de Grío e Urrea de Jalón.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa Ribera Alta del Ebro e o Campo de Borja, ao oeste con Aranda, ao sueste coa Comunidade de Calatayud, ao sueste co Campo de Cariñena e ao leste con Zaragoza.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía baséase na industria de transformación agraria de La Almunia e, en Épila, as industrias auxiliares da planta de Opel España de Figueruelas. Na agricultura, destaca o cultivo dos cereais e vide no val do río Jalón. Tamén se sitúa na bisbarra a Escuela Politécnica de La Almunia, na que estudan máis de tres mil alumnos.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

O día 14 de decembro de 2001, o cómite da Unesco declarou o Mudéxar aragonés como ben singular e insubstituíble para a humanidade. En Valdejalón hai unha ampla lista de monumentos mudéxares. Outro patrimonio interesante son as casas cova habitadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]