Baix Aragó-Casp
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Aragón | ||||
| Provincia | Provincia de Zaragoza | ||||
| Capital | Caspe | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15.510 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 997,3 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||

Baix Aragó-Casp (Bajo Aragón-Caspe en castelán e oficialmente Bajo Aragón-Caspe/Baix Aragó-Casp[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Huesca. A capital administrativa é Caspe.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nesta comarca sitúase o encoro de Mequinenza no río Ebro, tamén chamado mar de Aragón polo seu gran tamaño.
Limita ao norte cos Monegros e o Bajo Cinca, ao oeste coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Martín, ao sur co Matarraña e o Bajo Aragón e ao leste coas provincias de Lleida e Tarragona. A comarca forma parte do Bajo Aragón Histórico.
Concellos
[editar | editar a fonte]| Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2009) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
|---|---|---|---|
| Caspe | 503,2 | 9.728 | 16,9 |
| Chiprana | 39,0 | 290 | 8,4 |
| Fabara / Favara | 101,6 | 1.225 | 12,0 |
| Fayón / Faió | 67,2 | 422 | 6,4 |
| Maella | 174,9 | 2.027 | 11,9 |
| Nonaspe / Nonasp | 111,4 | 1.083 | 9,5 |
| 997,3 | 14.775 | 13,6 |
Linguas
[editar | editar a fonte]A comarca é bilingüe. Os municipios de Fabara, Fayón, Maella e Nonaspe son maioritariamente catalanofalantes, municipios que pertencen á chamada Franxa de Poñente. Os municipios de Caspe e Chiprana son castelanofalantes practicamente monolingües.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Comarca Bajo Aragón-Caspe, en comarcaacomarca.com Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Bajo Aragón-Caspe[Ligazón morta] (en castelán)
