Matarranya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

Matarranya (Matarraña en castelán e oficialmente Matarraña/Matarranya[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada ao leste da provincia de Teruel. A capital administrativa é Valderrobres e a cultural é Calaceite.

Municipios[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Arens de Lledó, Beceite, Calaceite, Cretas, Fórnoles, La Fresneda, Fuentespalda, Lledó, Mazaleón, Monroyo, Peñarroya de Tastavins, La Portellada, Ráfales, Torre de Arcas, Torre del Compte, Valdeltormo, Valderrobres e Valjunquera.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Bajo Aragón-Caspe, ao leste coa provincia de Tarragona, ao sur coa provincia de Castelló e ao oeste co Bajo Aragón. A bisbarra de Matarraña adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Linguas[editar | editar a fonte]

Pertence á chamada Franja de Ponent, e en todos os municipios a lingua local está entre as variedades clasificadas como dialectos do catalán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DECRETO LEXISLATIVO 2/2006[Ligazón morta], de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]