Cinca Medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

O Cinca Medio é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Huesca, no curso medio do río Cinca. A súa capital é Monzón. É unha das bisbarras aragonesas con maior densidade de poboación, con 41,87 hab/km².

Municipios[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Albalate de Cinca, Alcolea de Cinca, Alfántega, Almunia de San Juan, Binaced, Fonz, Monzón, Pueyo de Santa Cruz e San Miguel del Cinca.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao noroeste co Somontano de Barbastro, ao leste con La Litera e ao sur co Bajo Cinca e os Monegros.

Economía[editar | editar a fonte]

As súas principais fontes de ingresos son a industria e a agricultura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]