Sierra de Albarracín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

Sierra de Albarracín é unha comarca de Aragón, en España, situada no suroeste da provincia de Teruel. A súa capital é Albarracín.

Municipios[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Albarracín, Bezas, Bronchales, Calomarde, Frías de Albarracín, Gea de Albarracín, Griegos, Guadalaviar, Jabaloyas, Monterde de Albarracín, Moscardón, Noguera de Albarracín, Orihuela del Tremedal, Pozondón, Ródenas, Royuela, Rubiales, Saldón, Terriente, Toril y Masegoso, Torres de Albarracín, Tramacastilla, Valdecuenca, El Vallecillo e Villar del Cobo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada no sueste da provincia de Teruel, é unha das zonas máis elevadas do Sistema Ibérico, e está formada por un sistema orográfico onde se asenta unha das principais divisorias de augas da Península, xa que aquí nacen algúns dos seus ríos máis importantes.

Limita ao norte co Jiloca, ao oeste co Señorío de Molina-Alto Tajo (provincia de Guadalaxara), ao sur coa provincia de Cuenca e ao leste coa Comunidade de Teruel.

Parte do seu territorio está ocupado pola Paisaxe protexida dos Piñeirais de Rodeno.

Economía[editar | editar a fonte]

As súas principais fontes de ingresos son a gandaría, a explotación forestal e o turismo rural.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]