Andorra-Sierra de Arcos
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Aragón | ||||
| Provincia | Provincia de Teruel | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.566 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 675,1 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Andorra-Sierra de Arcos é unha comarca de Aragón, en España, situada na área nororiental da provincia de Teruel. A súa capital é Andorra.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca limita ao norte co Bajo Martín, ao oeste coas Cuencas Mineras, ao sur co Maestrazgo e ao leste co Bajo Aragón. A comarca adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.
Historia
[editar | editar a fonte]Por estas terras andaron primeiro iberos, romanos e cartaxineses e máis tarde árabes antes da reconquista. Esta sucesión de pobos e culturas deixou visible pegada nas vilas da comarca.
Concellos
[editar | editar a fonte]| Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2007) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
|---|---|---|---|
| Alacón | 47,50 | 405 | 8,53 |
| Alloza | 81,60 | 719 | 8,81 |
| Andorra | 141,36 | 8.156 | 57,70 |
| Ariño | 81,93 | 867 | 10,58 |
| Crivillén | 42,03 | 107 | 2,55 |
| Ejulve | 109,50 | 222 | 2,03 |
| Estercuel | 55,21 | 262 | 4,75 |
| Gargallo | 29,97 | 105 | 3,50 |
| Oliete | 86 | 490 | 5,70 |
| 675,1 | 11.333 | 16,79 |
Cultura
[editar | editar a fonte]En Andorra, preto do poboado de El Cabo, constrúese actualmente un centro de interpretación sobre os iberos o cal achegará a cultura deste pobo ao visitante. Non se trata do único asentamento na comarca xa que en Oliete atópase o poboado de El Palomar o cal dispón tamén de Centro de Interpretación.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía baséase principalmente na minería e nos empregos xerados pola central térmica de Endesa situada en Andorra. Tamén ten certa relevancia a industria agroalimentaria e de materiais para a construción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |

