Maestrazgo, Teruel
| Maestrazgo (es) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Aragón | |||
| Provincia | Provincia de Teruel | |||
| Capital | Cantavieja | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 3.115 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 1.204,3 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
O Maestrazgo é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Teruel. A súa capital é Cantavieja.
Municipios
[editar | editar a fonte]A comarca engloba aos municipios de Allepuz, Bordón, Cantavieja, Cañada de Benatanduz, Castellote, La Cuba, Fortanete, La Iglesuela del Cid, Mirambel, Miravete de la Sierra, Molinos, Pitarque, Tronchón, Villarluengo e Villarroya de los Pinares.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co Bajo Aragón, ao oeste con Andorra-Sierra de Arcos, Cuencas Mineras e a Comunidade de Teruel, ao sur con Gúdar-Javalambre e ao leste coa provincia de Castelló. O norte da bisbarra pódese considerar parte do Bajo Aragón Histórico.
Parte do seu territorio está ocupado polo Monumento natural das Grutas de Cristal de Molinos, o Monumento natural do Nacemento do Río Pitarque, o Monumento natural dos Órganos de Montoro e o Monumento natural da Ponte de Fonseca.
Historia
[editar | editar a fonte]Os pobos do Maestrazgo pertenceron na súa maioría á Orde do Temple e, tras a súa disolución pasaron aos Hospitalarios. Así Cantavieja, Mirambel, Villarluengo e outros lugares conservan cascos históricos medievais, recintos amurallados ou restos de castelo que demostran o carácter defensivo e fronteirizo que tiveron estas terras. Noutras vilas como Cañada de Benatanduz só quedan as ruínas medievais.
O xeneral Ramón Cabrera actuou na zona durante a Primeira Guerra Carlista (1833 -1840). Os seus pasos levaron a algúns escritores do século XIX a colocar a trama dos seus relatos no Maestrazgo, entre os que destaca Benito Pérez Galdós.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Comarca do Maestrazgo (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Maestrazgo Arquivado 15 de novembro de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)

