Alto Gállego
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Aragón | ||||
| Provincia | Provincia de Huesca | ||||
| Capital | Sabiñánigo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 14.162 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Comparte fronteira con | |||||
O Alto Gállego (en aragonés: Alto Galligo) é unha comarca situada ao norte de Aragón e que ocupa a práctica totalidade do curso alto do río Gállego. A súa capital administrativa é Sabiñánigo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao oeste coa Jacetania, ao leste co Sobrarbe e o Somontano de Barbastro, ao sur coa Hoya de Huesca e ao norte con Francia (departamentos de Altos Pireneos e Pireneos Atlánticos). Está situada entre o Prepireneo e o Pireneo e as altitudes dos núcleos habitados oscilan entre os 650 e os 1.300 metros. Atópase rodeada de grandes bosques de máis de 50.000 hectáreas.
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente formaba parte da Jacetania, sendo o núcleo orixinal do antigo condado de Aragón. Os territorios históricos que a integran son o val de Tena, a terra de Biescas e o Serrablo.
Concellos
[editar | editar a fonte]| Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2008) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
|---|---|---|---|
| Biescas | 189,1 | 1.712 | 9,05 |
| Caldearenas | 192,3 | 230 | 1,20 |
| Hoz de Jaca | 12,5 | 72 | 5,76 |
| Panticosa | 95,9 | 837 | 8,73 |
| Sabiñánigo | 586,8 | 10.112 | 17,23 |
| Sallent de Gállego | 162,1 | 1.376 | 8,49 |
| Yebra de Basa | 90,9 | 154 | 1,69 |
| Yésero | 30,2 | 77 | 2,55 |
| 1.359,8 | 14.570 | 10,71 |
Linguas
[editar | editar a fonte]Xunto co castelán que é a lingua oficial e máis empregada, a lingua propia do Alto Gállego é o aragonés, falándose a súa variedade de aragonés central. Destacan entre os escritores en aragonés no Alto Gállego Ricardo Mur Saura, Óscar Latas Alegre ou Máximo Palacio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial da comarca (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Alto Gállego (en castelán)
- O Alto Gállego, en comarcas.es Arquivado 17 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)

