Imaxe dunha zorra.Zorra tirada por animais.Zorra de dous participantes dunha proba de Bobsleigh.
Unha zorra (proponse que veña dun antigo verbozorrar, que tería o significado de 'arrastrar')[1] é un instrumento de transporte sobre a neve que consta de dous patíns, esquís ou raís paralelos onde se apoia e se desliza sobre o xeo ou a neve empuxados habitualmente (ás veces tirado) por unha forza exterior, e unidos por unha plataforma horizontal onde se monta a carga. Están habitualmente feitos de madeira, e os deslizadores* están revirados para enriba para non afundirse e chantarse na neve.