Saltar ao contido

Medio maratón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa Mota, gañadora dos tres primeiros títulos de campioa europea de medio maratón da historia, portando a lapa olímpica de Río 2016, en Maratón (Grecia) o 29 de abril de 2016. É considerada como unha das mellores fondistas da historia.[1]

Un medio maratón[2] é unha proba deportiva incluída dentro do atletismo. Consiste nunha carreira pedestre cun percorrido de 21 097,5 metros, é dicir, a metade dun maratón.[3]

Historia da proba

[editar | editar a fonte]

Se ben a historia da proba de maratón é fácil de trazar, hai discusión respecto a que proba debe ser considerada coma a primeira de medio maratón da historia. Segundo a Asociación de Estatísticos de Atletismo en Ruta (ARRS), a marca oficial máis antiga na distancia corresponde a unha carreira individual realizada polo británico Brian Hill-Cottingham o 9 de abril de 1960, nun tempo de 1:07:01.[4]

Mellores tempos

[editar | editar a fonte]

A Asociación Internacional de Federacións de Atletismo recoñece oficialmente os récord mundiais na proba de medio maratón.[5][6] A mellor marca na clasificación feminina é de 1:04:02, acadada por Ruth Chepng'etich de Kenya en 2021, en Istambul.[7] Na masculina, o mellor rexistro é de 57:31, de Jacob Kiplimo de Uganda en 2021 en Lisboa.[8]

A nivel global, os participantes en probas de medio maratón cronometradas de todo o mundo en 2018 fixeron un tempo medio de 2 h 15 min (probas femininas) e 1 h 48 min (masculinas).[9]

Participación a nivel global

[editar | editar a fonte]

Segundo algunhas fontes, o medio maratón con maior participación xamais celebrado foi o Broloppet ("a carreira da ponte"), entre Copenhague e Malmö, con 79 719 chegados á meta, que tivo lugar con motivo da inauguración da ponte Øresund no ano 2000.[10] Porén, o Libro Guinness certifica como o medio maratón máis numeroso da historia a edición de 2014 de The Great North Run (Reino Unido).[11]

En 2018, hai constancia de que 2,1 millóns de persoas completaron un medio maratón nalgunha parte do mundo.[9].

En 2017, a estadounidense Harriette Thompson converteuse na muller de maior idade en completar un medio maratón en San Diego, cun tempo de 3 h 43 min, aos seus 94 anos. Como parte da fazaña, recadou 15 000 dólares para a investigación da leucemia.[12]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]