Atlas (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Atlas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela

Na mitoloxía grega, Atlas (/ætləs/; grego antigo: Ἄτλας) era un titán condenado a soster o ceo pola eternidade despois da Titanomaquia. Aínda que se asociou con varios lugares, identificouse comunmente coas montañas do Atlas no noroeste de África (Marrocos, Alxeria e Tunisia).[1]

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Atlas era o fillo de titán Xápeto e Océano Asia ou Climene, e irmán de Prometeo, Epimeteo e Menecio. Tivo moitos fillos, na súa maioría fillas, as Hespérides, as Híades, as Pléiades e a ninfa Calipso que vivía na illa Oxixia. Segundo o antigo poeta grego Hesíodo, Atlas atopábase nos confíns da Terra cara ao oeste. De acordo con The Greek Myths, de Robert Graves, os pelasgos crían que a deusa creadora Eurínome asignou a Atlas e a Febe para que gobernasen a Lúa. Hixinio enfatiza a natureza primordial de Atlas facéndoo o fillo de Éter e Gaia, aínda que o texto do Prefacio, onde fai esta afirmación, está algo corrupto. "Océano Atlántico" significa "Mar de Atlas", mentres que "Atlantis" significa "Illa de Atlas".[2][3]

O mito[editar | editar a fonte]

Atlas como titán[editar | editar a fonte]

Estatua de Atlas. Século II d.C. Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles

Atlas acaudillou os titáns na Titanomaquia ou guerra contra os olímpicos. Cando os titáns foron derrotados, Zeus condenou a Atlas a cargar co ceo (a Urano), moi preto do xardín das Hespérides. Nun principio só as ninfas Hespérides eran as encargadas de coidar as mazás de ouro[4], pero Hera non confiaba nelas, así que enviou a Ladón, para que xuntos se encargasen de vixiar as preciadas mazás de ouro. Atlas recordou a profecía de Temis, ameazou a Perseo e aconselloulle que se fose. Entón Perseo sostivo a cabeza de Medusa ante os ollos do titán, e así o converteu nunha enorme pedra que se chamaría cordal do Atlas. Dicíase destas montañas que eran tan altas que tocaban o ceo, aínda que as súas árbores eran tan densas que impedían subilas. Con todo, outras versións contan que Heracles, descendente de Perseo, enganou a Atlas para que recuperase algunhas mazás de ouro do xardín das Hespérides como parte dos seus doce traballos. Prometeo aconselloulle que non fose el mesmo a buscalas, senón que enviase a Atlas. Para logralo, Heracles ofreceuse a suxeitar o ceo mentres Atlas ía buscalas. Pero ao volver, Atlas non quixo aceptar a devolución dos ceos, e dixo que el mesmo levaría as mazás a Euristeo, o home que as pediu. Heracles enganouno de novo, pedíndolle que suxeitase o ceo un momento para acomodar a súa capa.[5]

Atlas como rei[editar | editar a fonte]

Diodoro Sículo afirmaba na súa Biblioteca histórica​ que Atlas era un mítico rei de Mauritania, na antiga Libia. Dicíase que era un sabio filósofo e matemático e un extraordinario astrólogo, descubridor da esfericidade das estrelas e artífice do primeiro globo celeste. Esta sería a razón pola que terminaría converténdose nun personaxe fantástico que levaría o firmamento completo sobre os seus ombreiros.

Atlas casou con Hesperis, filla do seu irmán Héspero, coa que tivo as seis Hespérides, tamén chamadas Atlántides. A familia posuía rabaños de fermosas mazás de cor dourada. Busiris, o cruel rei de Exipto, enviou piratas para raptar as Hespérides. Cando estes estaban en camiño, Heracles chegou a Exipto e, por outras razónes, matou a Busiris. Mentres tanto, os piratas secuestraron as rapazas cando estas xogaban nun xardín e marcharon con ells. Desafortunadamente para eles, Heracles atopounos mentres comían nunha praia. Tras saber polas Hespérides o que ocorría, matou a todos os piratas e devolveu as rapazas ao seu pai Atlas, quen como recompensa lle deu as mazás de ouro que lle pedira o rei Euristeo de Micenas.[6]

Atlas na cultura[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Atlas. Grrek Mythology". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)"
  2. "Atlas". En Smith, W. A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. 1858 (en inglés)
  3. Hésiode. Théoginie. Tradución ao francés de Jean-Pierre Vermant. Payot & Rivages. París, 1993. Páxina 105 [ISBN 978-2743621384] (en francés)
  4. Advírtase que en griego μήλο mēlo pode significar ‘ovella’ ou ‘mazá’.
  5. Apollodorus. Tradución de Jean-Claude Carrière et al. Universidade de Franco-Condado. 1991. Páxina 21 [ISBN 978-2251604435] (en francés)
  6. Grimal, P. Dictionnaire de la mythologie greque et romaine. PUF. París, 1996. Páxina 59 [ISBN 978-2130444466] (en francés)
  7. Discografía de Metallica en All Music (en inglés)
  8. Sitio web da entidade Arquivado 27 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Atlas". En Greek Mythology Link (en inglés)
  • "Atlas". En Theoi Project ( en inglés)