Saltar ao contido

Astérix gladiador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix gladiador
Imaxe
 Título
Astérix gladiateur Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
 Franquía de medios
Autoría
 Autor/a
Temática
 Universo ficticio
 Personaxes
Publicación
 Parte da serie
 Edicións
Datas
 Data de comezo
1962 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1964 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Open LibraryOL267615W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0662x1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Astérix gladiador[1] (en francés: Astérix gladiateur) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.[2]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1] En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.[3]

O prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse grazas á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.

  1. 1,0 1,1 Astérix gladiador. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-081-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Asterix the Gladiator - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]