Saltar ao contido

A gran travesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gran travesía
Imaxe
 Instancia de
 Título
La Grande Traversée (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Franquía de medios
Obras
 Edicións
 Obra derivada
 Ambientado en
 Universo ficticio
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Datas
 Data de publicación
1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL267634W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0861ky Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A gran travesía[1] (en francés: La Grande Traversée) é o vixésimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2][3] e publicado orixinalmente no ano 1975. En 1994, estreouse o filme animado Astérix en América, baseado nesta historia.

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1][4]

Astérix e Obélix saen pescar peixe fresco para o druída Panorámix, xa que é un ingrediente esencial para a apócema máxica. No medio do mar, unha treboada lévaos lonxe da Galia, até que atopan unha terra descoñecida poboada per unha tribo estraña e per uns paxaros ós que chaman "gluglú" (pavos). Un tempo despois, un explorador viquingo chega a esta terra nova.

  1. 1 2 A gran travesía. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-041-1 vía Biblioteca da Tradución Galega.
  2. "La Grande Traversée - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2018.
  3. René Goscinny - Asterix and the Great Crossing - Hachette Children's Group (en inglés).
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]