Saltar ao contido

Astérix na terra dos belgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix na terra dos belgas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Personaxes
 Edicións
 Franquía de medios
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Datas
 Data de publicación
1979 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL267611W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0861fp Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Astérix na terra dos belgas[1] (en francés: Astérix chez les Belges) é o vixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] publicado orixinalmente en 1979. Foi a derradeira historia de Astérix escrita por Goscinny, quen morreu durante a súa produción.[3]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998.[1][4]

Os romanos do campo fortificado de Laudanum quedan traumatizados despois dunha campaña en Bélxica, motivo polo que até o propio Xulio César describe ós belgas como os máis valentes de tódolos pobos da Galia. Abaracúrcix, ultraxado, decide ir el mesmo para defender a reputación dos galos celtas, e Astérix e Obélix acompáñano con pouco entusiasmo.

Unha vez en Bélxica, os galos coñecen unha tribo belga e deciden organizar un concurso arbitrado polo mesmo Xulio César para que sexa el quen diga quen son os máis valentes, mais César ten outros plans.

  1. 1 2 Astérix na terra dos belgas. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1998. ISBN 84-8288-185-X vía Biblioteca da Tradución Galega.
  2. "Astérix chez les Belges - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 4 de outubro de 2018.
  3. René Goscinny - Asterix in Belgium - Hachette Children's Group (en inglés).
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.