Saltar ao contido

A cizaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cizaña
 Título
La Zizanie Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
 Franquía de medios
Autoría
 Autor/a
Temática
 Universo ficticio
 Personaxes
Publicación
 Parte da serie
 Edicións
Datas
 Data de publicación
1970 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Open LibraryOL35038749W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0861t3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A cizaña (en francés: La Zizanie) é o décimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado orixinalmente de forma serializada na revista Pilote, nos números 531-552, en 1970.[1][2]

Foi traducido ó galego por Marisa Guerra e publicado pola Editorial Galaxia en 1992.[3][4]

O Senado romano rexeita conceder novos fondos a Xulio César para novas conquistas. Por mor disto, decide acabar dunha boa vez coa pequena aldea gala que se lle resiste. Despois dunha reunión cos seus conselleiros, decide enviar á aldea a Tullius Detritus, un romano que ten un don innato para provocar disputas.

O primeiro que fai Detritus ó chegar á Galia é ofrecer a Astérix unha xerra, afirmando que lla dá "ó home máis importante da aldea". Deste xeito, comeza unha "guerra psicolóxica" destinada a facer que xurdan desavinzas entre todos.

  1. René Goscinny - Asterix and the Roman Agent - Hachette Children's Group (en inglés). 
  2. "La Zizanie - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. A cizaña. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-040-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.