Saltar ao contido

Antonio Pichel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Pichel
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Carballo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, filólogo Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 167450 BNE: XX931981 Bitraga: 551 BUSC: 981013403278507712

Antonio Pichel Lorenzo, nado en Carballo en 1951,[1] é un filólogo e tradutor galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e docencia

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de bacharelato no Colexio Leus de Carballo. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Doutorouse coa tese Ficción poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa.

Exerceu a docencia no ensino secundario e foi catedrático de francés na Coruña até a súa xubilación.

Formou parte do xurado examinador do Diplôme d´études de langue française, a cargo do Centre Français da Coruña, dependente da Universidade da Sorbona. Así mesmo, traballou uns anos como profesor no estranxeiro, en centros educativos como o Lycée Colbert de Thionville (1989), o Lycée Rousseau de Laval (1993), o Collège Maturin Règnier de Chartres (1995), o IUFM da Universidade de Chartres ou o Lycée Les Bourdonnières de Nantes (1998).

Tradución e labor ensaístico

[editar | editar a fonte]

No campo da tradución de empresa, colaborou con Axencias de Tradución de diferentes países, con traducións de tipo xurídico, económico, comercial e técnico.

Entre as obras literarias que traduciu do francés ao galego figuran o Diario íntimo de George Sand (Edicións Laiovento), Vermello e negro de Stendhal, Madame Bovary de Gustave Flaubert e 11 álbums da serie de banda deseñada Astérix, como Astérix o galo, Astérix gladiador ou Astérix en Hispania.[3]

Tamén se ocupou de traducir ao galego El Regionalismo de Alfredo Brañas Menéndez, previa adaptación do castelán do século XIX.[4][5]

Ten varias publicacións sobre Historia, Literatura e Lingua francesa.[6]

Colaborador coas revistas A Mariña e Esculca.

Obras traducidas

[editar | editar a fonte]
Ó galego
Ó castelán

Ensaio, investigación e material docente

[editar | editar a fonte]
  • En torno ó vocabulario feudal no trobadorismo galego-Portugués (USC, 1986)[7]
  • Ficción poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa (Deputación da Coruña, 1987)[8]
  • Andaina 3. Literatura galega, B.U.P.-3º, VV. AA. (Bruño, 1989)
  • Prólogo de Viaxe ás Grañas do Sor, de Uxío Carré Alvarellos (Galaxia, 1993)
  • Vocabulario Temático Ilustrado, VV. AA. (Editorial Galaxia, 1991)[9]
  • Literatura Universal Contemporánea, VV. AA., 4 tomos (Baía Edicións, 2003-2004)[10]
  1. ↑ Ficha do persoeiro Blog. 6/5/2017.
  2. ↑ Breve entrada sobre o autor. Blog. 12/7/2016.
  3. ↑ "Antonio Pichel Lorenzo". Bitraga. Archived from the original on 10-02-2018. Consultado o 4-7-2020.
  4. ↑ Cameán Vázquez, José Manuel (24-1-2019). "TRABALLO DE ANTONIO PICHEL QUE TRADUCIU O LIBRO ” O REXIONALISMO”". padroadoalfredobranascarballo.home.blog. Consultado o 4-7-2020.
  5. ↑ "O Rexionalismo : estudo sociolóxico, histórico e literario". worldcat.org. Consultado o 4-7-2020.
  6. ↑ "Antonio Pichel Lorenzo". www.blogoteca.com. 17-12-2017. Consultado o 4-7-2020.
  7. ↑ Ficha en opacmeiga.rbgalicia.org.
  8. ↑ https://www.gallaecialibros.com/detalle_producto.php?len=2&id=9969 Ficha] da obra.
  9. ↑ Ficha da obra en Galaxia.
  10. ↑ Ficha Arquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine. de Aurora Bermúdez Cano na páxina web de Bahía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]