O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro
| O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro[1] (en francés: L'Anniversaire d'Astérix et Obélix - Le Livre d'or) é o trixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, deseñado e escrito por Albert Uderzo. O libro tamén inclúe historias de Astérix que foron creadas conxuntamente con René Goscinny. O álbum, que celebra o 50 aniversario da creación da serie, foi publicado orixinalmente en francés o 22 de outubro de 2009. O álbum comeza cun prefacio onde Uderzo responde ás críticas do seu traballo en solitario, especialmente do álbum anterior, Le Ciel lui tombe sur la tête. Tamén aclara que O libro de ouro non é unha única historia, senón unha sucesión de historias curtas que celebran o 50 aniversario dos heroes.
Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Bruño en outubro de 2009.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro. Traducido por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Bruño. 2009. ISBN 978-84-216-8397-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.