Saltar ao contido

O regalo do César

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O regalo do César
Imaxe
 Instancia de
 Título
Le Cadeau de César (fr) Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Obras e produtos
 Edicións
 Franquía de medios
 Universo ficticio
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1974 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL267608W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0861l9 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O regalo do César[1] (en francés: Le Cadeau de César) é o vixésimo primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] e publicado orixinalmente en 1974. Foi o primeiro álbum de Astérix que non foi publicado de forma serializada na revista Pilote antes da súa publicación en formato de libro.[3]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado por Grijalbo Dargaud en 1988.[1][4]

A historia comeza en Roma, durante a festa de licenza do lexionario Badebrutus despois de 20 anos de servizo no exército. Totalmente bébedo, insulta Xulio César e el ofrécelle como agasallo de licenza a famosa aldea de irredutíbeis galos. Durante outra borracheira, cambia o regalo por unhas copas de viño con Ortoédix, un hostaleiro. Entón, el e a súa familia queren tomar posesión do seu novo patrimonio.

  1. 1 2 O regalo do César. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Barcelona: Grijalbo Dargaud. 1988. ISBN 84-8288-182-5 vía Biblioteca da Tradución Galega.
  2. "Le Cadeau de César - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2018.
  3. René Goscinny - Asterix and Caesar's Gift - Hachette Children's Group (en inglés).
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.