Ashraf Ghani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ashraf Ghani
Nome completoمحمد اشرف غني احمدزی
Nacemento19 de maio de 1949
Lugar de nacementoLogar
NacionalidadeIslamska Republika Afganistanu e Estados Unidos de América
RelixiónSunnismo
Alma máterHarvard Business School, Universidade Harvard, Universidade Stanford, Universidade de Columbia, Universidade Americana de Beirute, Universidade de Cabul, Lake Oswego High School e Escola Secundária Habibia
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, escritor, economista, antropólogo e participante do fórum internacional
CónxuxeRula Ghani
FillosMariam Ghani
Na rede
https://president.gov.af
IMDB: nm4711126 Facebook: ashrafghani.af Twitter: ashrafghani Instagram: ashrafghani.af Youtube: UC9oggseS9FzxiRhwXdfZBPA TED: ashraf_ghani Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ashraf Ghani Ahmadzai (en paxto/dari: محمد اشرف غني احمدزی‎), nado na provincia de Lawgar o 19 de maio de 1949, é un político, antropólogo, profesor e economista afgán, que exerceu como presidente de Afganistán dende setembro de 2014 ata a chegada dos talibán a Cabul o 15 de agosto de 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Antropoloxía, trasladouse para proseguir os seus estudos nos Estados Unidos pero debido a tempos de guerra no seu país tivo que permanecer alí, podendo seguir estudando e impartindo clases en diferentes universidades de gran prestixio. Dende 1991 pertenceu a organismos internacionais como o Banco Mundial ou a ONU, entre outros como foros ou conferencias, nos que ocupou algúns cargos. En 2001 trala caída do réxime talibán, regresou a Afganistán e entrou en política sendo asesor do presidente Hamid Karzai e un ano máis tarde foi nomeado como Ministro de Finanzas. Durante o seu mandato como ministro de Finanzas, deseñou un paquete de reformas e iniciou varios programas de investimento público que levaron a melloras significativas nas condicións de vida dos afgáns en todo o país. En 2004, negouse a pertencer ó novo goberno e pasou a ser Chanceler da Universidade de Cabul, até 2008. Posteriormente presentouse como candidato independente ás Eleccións presidenciais de 2009 quedando en cuarto lugar.

Presidencia de Afganistán (2014-2021)[editar | editar a fonte]

Volveu presentar a súa candidatura para a Presidencia de Afganistán en 2014. Logrou pasar á segunda volta ao conseguir o 31,56% dos votos (2 084 547) fronte a Abdullah Abdullah que quedou como candidato máis votado co 45% ( 2 972 141 votos). Mais na segunda volta, Ghani foi elixido presidente ao acadar o 55,27% dos votos fronte os 44,73% de Abdullah.[1] As eleccións estiveron marcadas pola violencia e polas acusacións de fraude, con todo, unha vez verificados os resultados,[2] Ghani formou un goberno de coalición co tamén candidato Abdullah Abdullah quedando este último como Primeiro Ministro de Afganistán.[3][4]

No relativo ás relacións exteriores procurou cultivar relacións cordiais cos veciños. A primeira visita como xefe do Estado foi a China, da que conseguiría axudas económicas por valor de 327 millóns de dólares.[5] Tamén asinou un tratado de comercio con Uzbekistán[6] e co apoio de Irán fíxose unha conexión ferroviaria entre a cidade afgá de Herat e a iraniana de Khaf.[7] Doutra parte, durante o seu mandato, Ghani, inaugurou o edificio do Parlamento e o encoro de Salam, ambos financiados polo goberno indio,[8][9] de quen conseguiría máis apoio para a construción de infraestruturas como unha nova presa preto de Cabul.[10] Porén, con Paquistán foi máis complexo, isto foi debido a que Afganistán sospeitaba que dende aló operaban os talibáns e Ghani cuestionou publicamente a vontade do goberno paquistaní de rematar con esa situación.[11] Ademais, o seu mandato coñeceu unha recrúa das accións dos insurxentes talibáns: estes, ademais, de atentado terroristas, foron ocupando territorio afgán. En 2018, logrouse unha tregua de tres días polas festividades de Eid al-Fitr e logo coa de Eid al-Adha.[12][13] Malia á esperanza de que elas favorecesen un diálogo entre goberno de Ghani e os talibáns, estes últimos rexeitaron a negociación.[14]

De esquerda a dereita: Abdullah Abdullah, Ashraf Ghani e Joe Biden na Casa Branca o 25 de xuño de 2021

Os Estados Unidos e os talibáns conseguiron un acordo de paz en 2020, polo que os Estados Unidos e a OTAN fixaron en 14 meses o prazo para retirada de Afganistán.[15][16] Ghani resultou reelixido o 17 de maio de 2020 nun contexto marcado pola escalada de violencia cos talibáns e a pandemia de COVID-19, volvéndose a impoñer a Abdullah Abdullah.[17] Aínda que inicialmente Ghani se negara a liberar os 5 000 presos talibáns que o acordo entre estes e os Estados Unidos recollían,[18] finalmente fíxoo e asegurou respectar os plans estadounidenses.[19][20]

Fuxida de Afganistán[editar | editar a fonte]

A retirada definitiva dos soldados dos Estados Unidos foi adiada polo presidente Joe Biden ata o 11 de setembro de 2021, facéndoa coincidir co vixésimo aniversario do 11S. Con todo, no verán de 2021, os talibáns protagonizaron un rápido avance tomando en poucas semanas a maioría das provincias de Afganistán. Así, cando os insurxentes estaban ás portas de Cabul, Ghani abandonou o país.[21] Tres días despois, os Emiratos Árabes Unidos recoñeceron que lle deran acollida a Ghani e a súa familia por "razóns humanitarias".[22] Dende alí, xustificou a súa fuxida coa idea de evitar un baño de sangue e apoiou as negociacións do seu predecesor, Hamid Karzai, cos talibáns.[23] Ademais tamén negou a acusacións de que se apropiase de cartos públicos, como sinalaba o embaixador afgán en Taxiquistán.[24] Paralelamente, a vicesecretaria de Estado dos Estados Unidos afirmou que Ghani "non era xa un axente relevante en Afganistán".[25]. O 15 de febreiro de 2022 a ONU eliminou o seu nome da lista de xefes de Estado[26].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Staff, Reuters (2016-02-24). "Commission releases disputed 2014 Afghan election results". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  2. "Le nouveau président afghan face au défi taliban". LEFIGARO (en francés). Consultado o 2021-08-18. 
  3. "Los candidatos presidenciales firman un Gobierno de unidad en Afganistán". ELMUNDO (en castelán). 2014-09-21. Consultado o 2021-08-18. 
  4. Ghani investido como novo presidente de Afganistán TeleSur - 29 de setembro de 2014
  5. "El orden chino en Afganistán". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-08-19. 
  6. "El orden chino en Afganistán". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-08-18. 
  7. "All Aboard! Afghanistan, Iran Open First Rail Link" (Voice of America News). 10-12-2020. Consultado o 18-8-2021. 
  8. "At Afghan dam inauguration, PM promises: India will not forget you". The Indian Express (en inglés). 2016-06-05. Consultado o 2021-08-19. 
  9. "Indian PM Inaugurates Kabul's New Parliament Building". TOLOnews (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  10. Service, Tribune News. "India inks MoU to build second dam in Afghanistan". Tribuneindia News Service (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  11. "Pakistan Is The Center Of Taliban, Ghani Tells The Nation". TOLOnews (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  12. Shalizi, Hamid (2018-06-07). "Afghanistan announces Eid ceasefire with Taliban until June 20". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  13. Miner, Louise (2018-08-19). "Afghanistan: A ceasefire starts Monday for Eid al-Adha". euronews (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  14. "Taliban again reject Afghan offer of peace talks with Kabul" (AP News). 6-7-2018. Consultado o 19-8-2021. 
  15. Staff, Reuters (2020-02-29). "U.S. to withdraw troops from Afghanistan in 14 months if Taliban conditions met". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  16. "US and Taliban sign deal aimed at ending war in Afghanistan" (AP News). 29-2-2020. Consultado o 18-8-2021. 
  17. "En Afghanistan, le président et son rival signent un accord de partage du pouvoir après un mois de crise politique". Le Monde.fr (en francés). 2020-05-17. Consultado o 2021-08-18. 
  18. "Afghan president rejects prisoner swap with the Taliban". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  19. Mashal, Mujib; Faizi, Fatima (2020-08-09). "Afghanistan to Release Last Taliban Prisoners, Removing Final Hurdle to Talks". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-19. 
  20. Ghani, Ashraf (2021-07-21). "Afghanistan’s Moment of Risk and Opportunity" (en inglés). ISSN 0015-7120. Consultado o 2021-08-19. 
  21. "Afghan President Ghani flees country as Taliban enters Kabul". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  22. "Exiled Ghani says he left Kabul to prevent bloodshed". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  23. "Former Afghan president Ghani says he supports Taliban-Karzai talks - The Economic Times". m.economictimes.com. Consultado o 2021-08-19. 
  24. DelhiAugust 18, India Today Web Desk New; August 18, 2021UPDATED:; Ist, 2021 16:52. "Afghanistan Embassy in Tajikistan demands arrest of Ashraf Ghani over 'treasury theft'". India Today (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  25. "Ghani no longer a figure in Afghanistan: US". The News International (en inglés). 2021-08-19. Consultado o 2021-08-19. 
  26. "Ghani Removed From UN Heads of State List". TOLOnews. 22 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]