Abdullah Abdullah
Abdullah Abdullah | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de setembro de 1960 |
Lugar de nacemento | Cabul |
Nacionalidade | Afganistán |
Relixión | Islam |
Alma máter | Kabul Medical University e Universidade de Cabul |
Ocupación | político, oftalmólogo, diplomático e participante do fórum internacional |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abdullah Abdullah, nado o 5 de setembro de 1960, é un médico e político afgán, é o actual Xefe Executivo de Afganistán dende o 29 de setembro de 2014. Foi ministro de Asuntos Exteriores de Afganistán entre o 22 de decembro de 2001 e o 21 de marzo de 2006, sendo substituído no cargo por Rangin Dadfar Spanta.[1] Como moitos afgáns, utiliza soamente un nome, aínda que se refiren a el en moitas ocasións como Abdullah Abdullah.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou oftalmoloxía no Departamento de Medicina da Universidade de Cabul, licenciándose en 1983 e traballando posteriormente na cidade até 1985. Máis tarde colaborou cos refuxiados afgáns en Paquistán, onde entrou en contacto cos muxahidin.[3] O doutor Abdullah uniuse á fronte de Resistencia de Panjshir, e en 1986 converteuse no conselleiro de Ahmed Shah Massoud, un líder fundamentalista.[3]
Abdullah foi Ministro de Exteriores do goberno da Fronte Unida Afgán dende 1998. Tralo asasinato de Massoud en 2001 pasou a ser unha das tres figuras máis importantes da Alianza do Norte e posteriormente do Goberno Transicional Afgán xunto ós ministros anteriores Mohammed Fahim e Yunus Qanuni, sendo os tres considerados os líderes da facción de etnia taxica, aínda que a nai de Abdullah é de etnia paxta.[3] Ocupou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores dende 2001 até o 21 de marzo de 2006. Foi dos poucos ministros pertencentes á Alianza do Norte que non perderon a súa carteira tralas eleccións presidenciais de 2004.[3] En agosto de 2009 presentouse como independente ás eleccións presidenciais como principal rival de Hamid Karzai segundo varias enquisas e analistas políticos.[4] Na primeira volta das eleccións celebradas o 20 de agosto obtivo un 30,59% dos votos, o segundo mellor resultado detrás do Karzai. Porén, as eleccións estiveron salpicadas de múltiples escándalos de fraude e manipulación electoral en favor de Karzai provocando críticas contra el, a Comisión Electoral e as organizacións internacionais responsables de vixiar a transparencia. Abdullah, afirmando que as condicións nas que ía celebrarse a segunda volta fixada para o seguinte 7 de novembro serían semellantes, anunciou a súa retirada das eleccións; o que se traduciu ó día seguinte na confirmación de Karzai como vencedor e presidente de Afganistán para os seguintes 5 anos.[5][6]
Volveu presentarse como candidato para as eleccións presidenciais de 2014. As sondaxes preelectorais sitúarono como uns dos principais favoritos.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Afghan foreign minister loses job". BBC News.
- ↑ "Abdullah? Or Abdullah Abdullah?". Slate.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Profile: Abdullah Abdullah". BBC News.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ Mayte Carrasco. "Abdullah no se presentará a la segunda vuelta en Afganistán". Público.
- ↑ "Karzai, declarado presidente electo de Afganistán". Público/Agencias.
- ↑ Matthew Rosenberg. "Polling Comes to Afghanistan, Suggesting Limit to Sway of President Karzai". The New York Times.