Saltar ao contido

Ardipithecus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ardipithecus kadabba»)

Ardipithecus
Rango fósil: Mioceno - Plioceno

Exemplar de Ardipithecus ramidus, alcumado Ardi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: (debated[1] Hominini)
Xénero: Ardipithecus
White et al., 1995
Especies

Ardipithecus kadabba
Ardipithecus ramidus

Ardipithecus é un xénero extinto de homínido que viviu entre o Mioceno tardío e o Plioceno na Depresión de Afar, Etiopía. Orixinalmente descrito como un dos máis antigos antergos do ser humano, é na actualidad tema de debate a súa relación co xénero humano e se é un homínido ou non. Foron descritas dúas especies fósiles: A. ramidus, que viviu hai 4,4 millóns de anos, e a A. kadabba, que data de hai 5,6 millóns de anos (Mioceno tardío). O comportamento dos ardipithecus podería ter sido semellante ó dos chimpancés.[2]

Os restos da especie Ardipithecus ramidus atopounos un equipo dirixido por Tim White no curso medio do río Awash, no territorio poboado polos afar de (Etiopía), a partir de 1992 e para os que estableceu a nova especie de Ardipithecus ramidus en 1995 baseada nos vocábulos afar ardi (chan) e ramid (raíz) e no grego pithecus (mono); a antigüidade da especie remóntase a 4,4 millóns de anos. Polo tamaño dos ósos pénsase que era do tamaño dun chimpancé moderno, habitando un medio forestal, presentando os seus dentes un esmalte fino como os dos chimpancés o cal indica que a súa dieta consistía en froitos, follas e en xeral produtos vexetais brandos.

No ano 2005 un equipo da Universidade de Indiana dirixido por Sileshi Semaw encontrou restos dun metacarpio de Ardipithecus ramidus que podería demostrar que era bípede.

  1. Stanford, Craig B. (2012). "Chimpanzees and the Behavior ofArdipithecus ramidus*". Annual Review of Anthropology 41: 139. doi:10.1146/annurev-anthro-092611-145724. Is Ardipithecus a hominin?—that question will likely dominate the paleoanthropological debate over this fossil taxon for years to come. 
  2. Stanford, Craig B. (2012). "Chimpanzees and the Behavior of Ardipithecus ramidus". Annual Review of Anthropology 41 (1). pp. 139–149. doi:10.1146/annurev-anthro-092611-145724.