Home de Xava
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2024.) |
| Home de Xava | |||
|---|---|---|---|
| Homo erectus erectus Eugène Dubois 1892 | |||
|
Instancia de
| |||
|
Categoría taxonómica
| |||
|
Taxon superior
| |||
| Clasificación taxonómica | |||
| Reino | Animalia | ||
| Filo | Chordata | ||
| Clase | Mammalia | ||
| Orde | Primates | ||
| Familia | Hominidae | ||
| Xénero | Homo | ||
| Especie | 'H. erectus | ||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata C:Commons | |||
O Home de Xava, Homo erectus erectus, foi un dos primeiros restos fósiles humanos, e de H. erectus, en ser descuberto. Fíxoo Eugène Dubois en 1891 en Xava. Non é un espécime completo, senón unha bóveda cranial, un fémur e tres dentes e non está claro que pertenzan ao mesmo individuo.


Dubois pensou nun primeiro momento que estaba diante os restos dun primate e denominouno Anthropopitecus erectus, axiña desbotou esta idea xa que a capacidade da bóveda cranial era maior que o de calquera simio coñecido, entre 800 e 1000 cm³, e o fémur era case humano polo que pensou que atopara a criatura que Ernst Haeckel denominaba Pithecanthropus alalus e que el denominou Pithecanthropus erectus, atribuíndoo a un home-mono de idade pliocénica. O que causou sensación no mundo científico xa que deixaba sen saída ao Home de Neanderthal, considerado antecesor do Homo sapiens nese momento, e foi rexeitado por gran parte da comunidade científica.