Cacahuete
Cacahuete | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cacahuetes | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Arachis hypogaea' L. |
O cacahuete[1] (Arachis hypogaea), é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos froitos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.
Características
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 2 385 kJ (570 kcal) |
21 g | |
Azucres | 0.0 g |
Fibra alimentaria | 9 g |
48 g | |
Saturadas | 7 g |
Monoinsaturadas | 24 g |
Poliinsaturadas | 16 g |
25 g | |
Triptófano | 0.2445 g |
Treonina | 0.859 g |
Isoleucina | 0.882 g |
Leucina | 1.627 g |
Lisina | 0.901 g |
Metionina | 0.308 g |
Cistina | 0.322 g |
Fenilalanina | 1.300 g |
Tirosina | 1.020 g |
Valina | 1.052 g |
Arxinina | 3.001 g |
Histidina | 0.634 g |
Alanina | 0.997 g |
Ácido aspártico | 3.060 g |
Ácido glutámico | 5.243 g |
Glicina | 1.512 g |
Prolina | 1.107 g |
Serina | 1.236 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 52% 0.6 mg |
Riboflavina (B2) | 25% 0.3 mg |
Niacina (B3) | 86% 12.9 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 36% 1.8 mg |
Vitamina B6 | 23% 0.3 mg |
Ácido fólico (B9) | 62% 246 μg |
Vitamina C | 0% 0.0 mg |
Vitamina E | 44% 6.6 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 6% 62 mg |
Ferro | 15% 2 mg |
Magnesio | 52% 184 mg |
Manganeso | 95% 2.0 mg |
Fósforo | 48% 336 mg |
Potasio | 7% 332 mg |
Cinc | 35% 3.3 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 4.26 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
A planta é fibrosa e mide de 30 a 50 cm de altura. Os froitos medran baixo a terra dentro dunha casca leñosa que, normalmente, conten dúas sementes. Vulgarmente coñécese como froito seco.
Cultivo
[editar | editar a fonte]A. hypogaea, que é de orixe americana, foi cultivada para o aproveitamento das súas sementes desde hai 4000 ou 5000 anos. Os conquistadores españois observaron o seu consumo en México-Tenochtitlán, a capital do imperio azteca, no século XVI, e posteriormente distribuírono por Europa e o resto do mundo, xunto con outros mercantes europeos. Cultívase en maio, e colléitase a finais do outono.
O que non puideron observar os españois foi que xa o Señor de Sipán, no norte do Perú, se adornaba con réplicas de cacahuetes en ouro: orelleiras, colares e demais xoias que se exhiben agora no Museo de Sipán. As Tumbas Reales de Huaca Rajada foron descubertas en 1987 e asombra a súa tecnoloxía no manexo dos metais. Pertencente á cultura pre-inca dos mochicas, datouse no ano 250 d.c.
Na actualidade o cultivo do cacahuete estendeuse amplamente por rexións da Asia e África. As cascas, obtidas como subproduto, empréganse como combustíbel.
Pragas
[editar | editar a fonte]A infección por certas especies de fungos (Aspergillus flavus ou A. parasiticus) contamina as sementes con aflatoxinas, perigosas substancias canceríxenas.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]O termo ven do náhuatl tlālcacahuatl, que significa cacao da terra, de tlalli: 'terra, solo', porque a vaíña das súas sementes está baixo terra e cacahuatl: 'grans de cacao'. A árbore e o seu froito coñécense en México como cacahuate ou cacahuete. Mentres que no español de España se adoptou este último termo, en case todos os demais países de fala hispana emprégase o vocábulo taíno maní. En portugués é coñecido por amendoim.
Usos
[editar | editar a fonte]Con este froito obtéñense alimentos tales como a manteiga de cacahuete ou o aceite de cacahuete moi empregado na cociña da India e do sueste de Asia.
En México é común encontralos en diferentes presentacións como botana ou lambonada (salgados, xaponeses, garrapiñados, enchilados etc.) ou en forma dun doce tradicional moi nutritivo feito con cacahuetes e mel, chamado palanqueta (tamén se pode facer con outras sementes, como pebidas de cabaza). Así mesmo, úsase para preparar distintos guisos, como o polo en mollo de cacahuete.
En España consómese a semente crúa ou torrada, denominándose entón panchito nalgunhas áreas localizadas.
Na Arxentina, gran produtor de cacahuete, este consómese torrado cos seus grans ou en garrapiñadas e pralinés ou recubertos por unha capa de chocolate ou, á inversa, dentro de tabletas de chocolate, sendo tamén un dos compoñentes principais das picadas; cando se vai a un bar, pub, restaurante ou "boliche" arxentino e se pide unha cervexa é moi común que esta sexa acompañada de "yapa" (gratuitamente) co que se chama "con ingredientes", os cales consisten nun pratiño ou pequena bandexa que contén grans de cacahuete torrado e salgado, xeralmente acompañados por unha pequena porción de patacas fritas e "palitos salados" (pequenos paus feitos dunha masa de fariña, os cales están fritos e salgados). Canto á manteiga de cacahuete, esta prodúcese en gran cantidade, mais o seu destino acostuma ser a exportación (o gusto por tal "manteiga" está relativamente pouco difundido aínda entre a poboación arxentina), aínda que é moi común que se consuma nunha especie de variante sólida moi parecida a un turrón: a chamada mantecol, que se toma na sobremesa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacahuete.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cacahuete |