Saltar ao contido

Antonio de los Ríos Rosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio de los Ríos Rosas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1812 Editar o valor en Wikidata
Ronda Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1873 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
6 de xuño de 1873 – 4 de novembro de 1873
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña
Presidente do Congreso dos Deputados
28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872
 Práxedes Mateo SagastaNicolás María Rivero (pt) Traducir 
Membro da Real Academia Española

12 de febreiro de 1871 – 3 de novembro de 1873
 José Joaquín de MoraGaspar Núñez de Arce 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 16 de maio de 1871
Circunscrición electoral: Ronda
Presidente do Consello de Estado
18 de outubro de 1868 – 20 de marzo de 1870
 Manuel Seijas Lozano (pt) TraducirJosé Olózaga Almandoz 
Presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación
1868 – 1868
 Cándido NocedalManuel Alonso Martínez 
Presidente do Congreso dos Deputados
28 de decembro de 1865 – 2 de outubro de 1866
 Patricio de la EscosuraCándido Nocedal 
Presidente do Consello de Estado
17 de xullo de 1865 – 3 de abril de 1866
 Manuel de la Pezuela y CeballosAntonio González y González 
Deputado das Cortes
13 de novembro de 1863 – 30 de decembro de 1866
Circunscrición electoral: Ronda
Presidente do Congreso dos Deputados
5 de novembro de 1863 – 23 de xuño de 1864
 Diego López BallesterosAlejandro de Castro Casal 
Embaixador de España na Santa Sé
18 de xullo de 1858 – 21 de novembro de 1860
 Miguel de los Santos de Bañuelos y Travel (pt) TraducirManuel Pando Fernández de Pineda 
Académico da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas

30 de setembro de 1857 – 3 de novembro de 1873
 sen valor – Luis Pidal y Mon (pt) Traducir 
Ministro de Gobernación
14 de xullo de 1856 – 12 de outubro de 1856
 Patricio de la EscosuraCándido Nocedal 
Presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación
1855 – 1855
 Salustiano OlózagaManuel Cortina y Arenzana 
Embaixador de España no Reino de Portugal
9 de agosto de 1854 – 2 de marzo de 1855
 Antonio Alcalá GalianoPatricio de la Escosura 
Ministro de Gobernación
18 de xullo de 1854 – 30 de xullo de 1854
 Luis José SartoriusFrancisco Santa Cruz 
Deputado das Cortes
5 de marzo de 1853 – 13 de maio de 1858
Circunscrición electoral: Málaga
Presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación
1852 – 1852
 Marqués de Morante Gómez de la Cortina, Joaquín (pt) TraducirClaudio Moyano 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
4 de xuño de 1851 – 2 de decembro de 1852
Circunscrición electoral: Gaucín
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
4 de xaneiro de 1847 – 4 de agosto de 1850
Circunscrición electoral: Campillos
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
14 de outubro de 1844 – 31 de outubro de 1846
Circunscrición electoral: Málaga
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
8 de marzo de 1840 – 11 de outubro de 1840
Circunscrición electoral: Córdoba
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
2 de xaneiro de 1839 – 1 de xuño de 1839
Circunscrición electoral: Málaga
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal
Partido Constitucional
Partido Moderado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ríos y Rosas (Antonio de los), p.379)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 178850 BNE: XX1089492 WikiTree: De_los_Ríos_Rosas-2 Find a Grave: 10512275 Arquivo Histórico de Deputados: 95760 Editar o valor en Wikidata

Antonio Sánchez del Río y López de la Rosa, que cambiou os seus apelidos polo máis sonoro Antonio de los Ríos Rosas,[1] nado en Ronda o 16 de marzo de 1812 e finado en Madrid o 3 de novembro de 1873, foi un orador, xurista e político español, presidente do Congreso dos Deputados durante as lexislaturas de 1863-1864, 1865-1866 e 1872.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ríos Rosas era licenciado en Dereito pola Universidade de Granada e accedeu por vez primeira ás Cortes Xerais como deputado pola provincia de Málaga en 1836. Contrario ás manobras do xeneral Espartero durante a Rexencia de María Cristina, opúxose ao mesmo a partir de 1840. Coa caída do xeneral e a maioría de idade de Isabel II, foi nomeado membro do Consello Real.

Ao longo dos anos evolucionou cara a posicións menos absolutistas e máis proclives cara a un moderantismo democrático, opoñéndose a Narváez na Década Moderada, aínda que tamén se opuxo firmemente ás modificacións constitucionais que se propuñan desde o Goberno do Bienio Progresista, máis próximo á vella doutrina da soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes. Coa chegada de Leopoldo O'Donnell ao poder nos gobernos da Unión Liberal, encargóuselle a redacción da Acta Adicional para facer máis liberal a restaurada Constitución de 1845 e foi nomeado ministro de Gobernación o 14 de xullo de 1856 no primeiro goberno, aínda que cesou en outubro do mesmo ano. En 1852 ingresou na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

Posteriormente foi embaixador de España en Roma e levou o peso das negociacións para restablecer as relacións diplomáticas coa Santa Sé e pór de novo en vigor o Concordato de 1851. A partir de 1861 foise separando da liña de O'Donnell e en 1863 foi elixido presidente do Congreso dos Deputados nos momentos máis críticos da Unión Liberal, ingresando na Real Academia Española e sendo elixido presidente do Ateneo de Madrid. Durante dous anos foi desterrado polo xeneral Narváez ás illas Canarias.

Tras a caída da monarquía, durante o Sexenio Democrático foi elixido membro do Consello de Estado e mantívose dentro dos moderados afastado das tentacións republicanas e apoiou a elección de Amadeu de Savoia como rei de España. Pero o fracaso desta experiencia e a proclamación da primeira república achegárono ás teses de Emilio Castelar (republicanismo unitario) fronte ás de Pi i Margall (republicanismo federal), moito máis radicais; aínda que discrepaba daquel nas cuestións relixiosas. Morreu en Madrid sen apenas recursos.

  1. Zapatero, Virgilio, Fernando de los Ríos: Los problemas del socialismo democrático, Madrid, Cuadernos para el Diálogo, 1974, p. 15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]