Diego López Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego López Ballesteros

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1804 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1869 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Ultramar
1 de marzo de 1864 – 16 de setembro de 1864
← Alejandro de Castro CasalManuel Seijas Lozano (pt) Traducir →
Presidente do Congreso dos Deputados
2 de decembro de 1862 – 16 de setembro de 1863
← Alejandro Mon y PidalAntonio de los Ríos Rosas → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís López Ballesteros Editar o valor em Wikidata


Diego López Ballesteros Pérez de Santamaría, nado no Pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa) o 1 de novembro de 1804 e finado no mesmo concello o 29 de marzo de 1869,[1][2] foi un político español, ministro durante o reinado de Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do ministro de Fernando VII, Luis López Ballesteros, estudou dereito e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra en 1837, 1839, 1840, 1843, 1844, 1846, 1850, 1851, 1857, 1858, 1863 e 1865, e foi nomeado Director Xeral de Renda e Arbitrios de Amortización.

Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados de España entre 1859 e 1862 e presidente entre decembro de 1862 e agosto de 1863, exerceu tamén o cargo de ministro de Ultramar coa presidencia de Alejandro Mon Menéndez entre marzo e setembro de 1864.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Pontevedra, 30-3-1869, p. 3.
  2. El Pensamiento Español, 31-3-1869, p. 4.
  3. "López Ballesteros, ministro de ultramar", Faro de Vigo, 22-6-2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]