De orixe fidalga, naceu e viviu en Astorga ata os cinco anos de idade, fillo de Tomás Fernández Garrido (farmacéutico) e Nicolasa Morales Rodríguez, ambos naturais desa vila. Foi criado en Cacabelos. Cara a 1832, con quince anos de idade, iniciou os tres cursos de filosofía no seminario de Astorga. En outubro de 1835 solicitou o ingreso no militar Colexio de Distinguidos de Valladolid, onde iniciou os seus estudos o 7 de xaneiro do ano seguinte e onde estivo ata o 30 de maio dese mesmo ano, sendo destinado ao Rexemento de Infantería de Borbón n.º 17. No ano 38 participou en diferentes accións militares, conseguindo o emprego de tenente.[4]
Tanto o seu pai coma el formaron parte da Sociedade de Teatro de Vilafranca do Bierzo en 1843.[5] Fixo amizade co filólogo Mariano Cubí i Soler en 1847, e baixo a súa influencia comezou a escribir en galego como certifican as súas cartas autógrafas destas datas ao filólogo catalán, dadas a coñecer en 2017[6] . Secundou o levantamento de 1854.
↑ 2,02,1O seu título completo é Ensayos poéticos en dialecto berciano, por el comandante de infantería e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España.
↑"O teatro romántico da capital histórica do Bierzo e os seus socios fundadores Enrique Gil e Fernández Morales". H. M. Silveiro Fernández. Revista do Instituto Estudios Bercianos. nº 39. p. 213-240 (xullo 2015) ou en versión dixital: Morales e o teatro de VilafrancaArquivado 18 de maio de 2017 en Wayback Machine.