Ensayos poéticos en dialecto berciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Íntegro en PDF, Ensayos poéticos en dialecto berciano.

Ensayos poéticos en dialecto berciano[1] (ou Ensaios poéticos en dialecto berciano noutras versións)[Cómpre referencia] é un libro publicado en 1861, obra de Antonio Fernández Morales, escrito na súa maior parte, en dialecto berciano.

Características[editar | editar a fonte]

Está considerado coma o segundo libro escrito en galego durante o Rexurdimento, despois d' A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos. Este libro está escrito en dialecto berciano, considerado polo autor como forma dialectal do Bierzo do idioma galego ("Entre o galego i o seu dialecto berciano", "O Berciano é un sub-dialecto galego", "aínda que o berciano é un subdialecto galego"...)

Conta cunha introdución sobre linguas, dialectos, subdialectos e xergas en xeral, e a orixe do dialecto berciano, lingua e dialectos casteláns e galegos en particular. Está prologado por Mariano Cubí Soler, autor de varias obras filolóxicas. Componse de 8.000 versos distribuídos en 15 poemas en galego e un bilingüe castelán-berciano, e inclúe tamén unha oitava de Pascual Fernández Baeza, un soneto de Mateo Garza, unha oitava de Deogracias L. Villalibre ao autor, unha composición de José de Estrañi ao autor e un catálogo de voces do dialecto berciano.

Foi reeditado en 2003 polo Instituto de Estudios Bercianos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu título completo é Ensayos poéticos en dialecto berciano, por el comandante de infantería e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España.
  2. «Publicaciones del I.E.B.»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]