Ante Pavelić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnte Pavelić

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Bradina (Condomínio da Bósnia e Herzegovina) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′01″N 3°43′37″O / 40.400197, -3.726944 Editar o valor em Wikidata
Poglavnik (pt) Traducir
10 de abril de 1941 – 8 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
Estado independente de Croacia
Reino de Iugoslavia
Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos (pt) Traducir
España franquista Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Law of the University of Zagreb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUstaše (pt) Traducir (1929–)
Croatian Pure Party of Rights (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porcrime de guerra Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
10 de abril de 1957ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 6954922 Editar o valor em Wikidata


Ante Pavelić, nado o 14 de xullo de 1889 en Bradina, Austria-Hungría e finado o 28 de decembro de 1959 en Madrid, onde está a súa tumba, foi o membro fundador dos Ustaše, movemento nazi/fascista croata e organización terrorista na década de 1930. Durante a Segunda guerra mundial, foi o caudillo (Poglavnik) do Estado Independente de Croacia, un estado fantoche da Alemaña nazi[1] [2][3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Nado en Bradina, unha pequena aldea a 15 quilómetros de Hadžići en Bosnia, entón Imperio Austrohúngaro. De adulto, mudouse a Zagreb para estudar Dereito. Extremista mesmo na súa mocidade, foi membro da organización coñecida como "Frankovci" cuxo fundador Josip Frank era o sogro de Slavko Kvaternik, oficial do exército austrohúngaro.[4] Kvaternik levaba tempo sendo un defensor do separatismo croata e as ideas dos nazis sobre Croacia atoparon nel unha ferramenta axeitada.

Década de 1910[editar | editar a fonte]

Nos anos posteriores á Primeira guerra mundial, Pavelić involucrábase nunha disputa tras outra co Partido Centralista e o Partido Campesiño Croata de Radić. Era o único representante do seu partido na Skupština (Parlamento iugoslavo) e raramente asistía ás sesións.[5]

Décadas de 1920 e 1930[editar | editar a fonte]

A principios dos anos 20, Pavelić comezou a establecer contactos con croatas en Viena e Budapest e máis tarde asociouse á sociedade terrorista macedonia IMRO. En 1927 actuou como avogado para a defensa dos terroristas nos 'xuízos de Skopje'. [6] [7] [8] [9]

En 1927 foi elixido para o concello de Zagreb. Ocupou o cargo de Secretario no Partido dos Dereitos até 1929 de proclamación do goberno de Alexandre I de Iugoslavia. Pavelić fuxiu ao estranxeiro e foi posteriormente condenado a morte en ausencia en Belgrado pola súa participación nas manifestacións antiserbias organizadas en Sofía por terroristas búlgaros e macedonios. Despois cofundou os Ustaše e pasou á clandestinidade.

En Italia e Hungría instaláronse campos para adestrar terroristas e sabotadores, principalmente en Brescia e Borgotaro en Italia e Janka Puszta en Hungría e tentouse unha insurrección armada en 1933 cando os Ustaše, armados polos fascistas italianos, quixeron invadir o país atravesando o mar Adriático en lanchas a motor[10] [11]. Iso non tivo éxito, pero sería fundamental na decisión de asasinar ao rei Alexandre I, morto en Marsella o 9 de outubro de 1934 xunto co ministro de Exteriores francés, Louis Barthou.

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Estado fantoche dos nazis[editar | editar a fonte]

Pavelić permaneceu en Italia até o comezo da Segunda guerra mundial. Ordenou, organizou e dirixiu directamente unha campaña de terror contra serbios, xudeus, xitanos e comunistas, que alcanzou as proporcións de xenocidio. O réxime Ustaše de Pavelić foi o estado monicreque nazi máis asasino de toda a Europa ocupada.[12] [13] Pavelic permaneceu servo de Hitler até o final da guerra. A súa servidume cara a Hitler foi descrita por Anton Veesenmayer. "Pavelic só tiña dous desexos, informou Veesenmayer a Berlín: primeiro conseguir o recoñecemento alemán de Croacia; e en segundo lugar, unha oportunidade para agradecer en persoa a Hitler e prometerlle 'vivir e morrer polo Führer'".[14]

Nacionalcatolicismo[editar | editar a fonte]

O réxime de Pavelić non foi recoñecido oficialmente polo Vaticano, pero en ningún momento a Igrexa condenou o xenocidio e as conversións forzadas ao catolicismo perpetradas polos Ustaše.[15] Pouco despois de chegar ao poder en abril de 1941, Pavelić recibiu unha audiencia privada en Roma polo Papa Pío XII, un acto polo que o Papa foi moi criticado. Unha nota do Ministerio de Asuntos Exteriores británico sobre o tema describiu a Pío como "o maior covarde moral da nosa época" por telo recibido.[16]

Polo que se refire á poboación serbia do estado fantoche croata, o obxectivo declarado era o exterminio dun terzo dos seus, o exilio para outro terzo e unha conversión forzada ao catolicismo para outro máis.[17] Os Ustaše lograron acadar o seu primeiro obxectivo, exterminando arredor dun terzo dos serbios.

Xenocidio[editar | editar a fonte]

Numerosos testemuños superviventes dos xuízos de Núremberg e dos arquivos de guerra alemáns e italianos son testemuñas das atrocidades perpetradas contra a poboación civil[18] [19].

Segundo estes, os propios oficiais nazis ficaron horrorizados das escenas cometidas polos Ustaše, o que os obrigou a deter a un dos máis notorios (Fra Miroslav Filipović-Majstorović, Banja Luka, 1942) e desarmar un destacamento Ustaše en Bosnía Oriental (1942).

Un informe do 17 de febreiro de 1942 da Gestapo a Himmler sobre o aumento das actividades partidistas afirmou que "O aumento da actividade das bandas débese principalmente ás atrocidades cometidas polas unidades ustashas en Croacia contra a poboación ortodoxa. Os ustashas cometeron os seus feitos dun xeito bestial non só contra os homes en idade de reclutas, senón especialmente contra os anciáns, mulleres e nenos indefensos. O número de ortodoxos que os croatas masacraron e torturaron sádicamente até a morte é duns trescentos mil." [20]

O historiador alemán Alfred Miller contou máis de cen nenos empalados en varias cidades. Karl Jans Geischer tamén describe algunhas das torturas que practicaban os ustachas: “Antes de matar os prisioneiros, metíanlles agullas debaixo das unllas e poñían sal nas feridas abertas. Encantáballes cortarlle o nariz e as orellas ás vítimas mentres estaban vivas. Despois mutilábanlles o corpo".[21]

Mandos alemáns en Croacia expresaron o seu horror ante esas crueldade. Consideraron os métodos "excesivos e ineficaces", como lle fixeron saber a Hitler. O responsable da “Solución final” non podía crer as escenas descritas nos informes que lle chegaban dende ese país[21]. Mentres, o historiador austríaco e xeneral da Wehrmacht Edmund Glaise von Horstenau describiu no seu diario, en 1942: “Os ustachas masacraron a centos de persoas a ambos os dous lados do río Sava. Cando degolaban pola nosa parte, case non podíamos soportar os berros de homes, mulleres e nenos. Cortábanlles a gorxa e abríanlles o abdome antes de botalos ao río".[21]

Un tribunal iugoslavo declarou que Pavelić fora responsable da morte de 700.000 persoas durante o seu goberno.[22]

Atrocidades Ustaše na literatura[editar | editar a fonte]

Esas accións foron rexistradas na literatura e poesía novelísticas: Jama (O pozo) de Kovačić, onde Ustaše ataba aos serbios con arame de espiño e os deixaba caer aos pozos; Kozara de Oljača; Volčiči (Os cachorros de lobo) de Svetina ou o "Capítulo da cesta de ostras" de Malaparte, inspirado nas prácticas estendidas dos Ustaše que arrancaban os ollos dos serbios[23]. Herman Neubacher, o principal representante político e diplomático do Terceiro Reich nos Balcáns, fixo unha comparación literaria coa Divina comedia, falando do "crime máis feroz da historia, só comparable ao inferno de Dante".[21]

Posguerra[editar | editar a fonte]

En maio de 1945 Pavelić fuxiu por Bleiburg a Austria, onde permaneceu uns meses antes de trasladarse a Roma, onde foi escondido por membros da Igrexa Católica Romana (como está documentado en documentos desclasificados da Intelixencia dos Estados Unidos).[24]

Seis meses despois, fuxiu a América do Sur. Ao chegar a Arxentina a través dos ratlines, converteuse en conselleiro de seguridade de Juan Perón. Perón concedeu 34.000 visados aos croatas: tanto aos colaboradores nazis como aos anticomunistas que fuxiron do novo goberno comunista dirixido por Josip Broz Tito.

O 10 de abril de 1957, o 16º aniversario da fundación do Estado Independente de Croacia, Pavelić, de 67 anos, foi gravemente ferido a tiros por un asaltante descoñecido en Buenos Aires.[25] A operación foi atribuída á intelixencia iugoslava de Tito, aínda que o aniversario tamén suxeriu un intento de vinganza por parte dun activista chetnik. A pesar de ter unha bala na columna vertebral, Pavelić elixiu non ser hospitalizado. Dúas semanas despois, o goberno arxentino aceptou a petición do goberno de Tito de extraditar a Pavelić, e este escondeuse. Aínda que houbo informes de que fuxira para traballar para o réxime de Stroessner en Paraguai, o paradoiro de Pavelić permaneceu descoñecido até finais de 1959, cando se soubo que a España franquista lle tiña concedido asilo. Pavelić morreu o 28 de decembro de 1959, no hospital alemán de Madrid, segundo os informes, por complicacións derivadas da bala na súa columna xunto a complicacións por diabetes.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Página12 (1504815547). "Los ustacha metieron la cola en Croacia ; Repudio a un homenaje nazi". PAGINA12 (en castelán). Consultado o 2022-07-16. 
  2. Fernández Pasalodos, Arnau (2020-01). "La centralidad de Jasenovac en el Estado Independiente de Croacia: trabajo forzoso y exterminio en la construcción de la comunidad nacional. (Spanish): The centrality of Jasenovac in the Independent State of Croatia: forced labour and extermination in the construction of the national community. (English)". Revista Universitaria de Historia Militar 9 (18): 293–315. 
  3. Williams, Carol J. (1994-06-21). "Croatia igniting controversy with its new currency; paper money is named after animal that the Nazi puppet regime displayed on its WWII bills". Los Angeles Times. ISSN 0458-3035. Consultado o 2022-07-16. 
  4. Tomasevich, Jozao; War and Revolution in Yugoslavia, 1941-1945: Occupation and Collaboration. , Stanford University Press 2001, páx. 417
  5. CIC Summary of Information: HEADQUARTERS COUNTER INTELLIGENCE CORPS, ALLIED FORCES HEADQUARTERS, APO 512 30 de xaneiro de 1947
  6. S. Steiner, Zara; The Lights that Failed: European International History 1919-1933, Oxford University Press, 2005, ISBN 0-19-822114-2 páx. 270-271
    O grupo terrorista IMRO (Internal Macedonian Revolutionary Organization, fundado en 1893) foi o movemento terrorista máis poderoso dos Balcáns, e demostrou ser unha forza política moi perturbadora. IMRO dividiuse entre os que querían que toda Macedonia se anexionase a Bulgaria e os que favorecían unha Macedonia separada nunha Federación dos Balcáns. As repetidas incursións a través das fronteiras ameazaron as relacións de Bulgaria tanto con Iugoslavia como con Grecia.
  7. The Assassination of King Alexander: A Case Study of the League of Nations por James Wilson Alexander, 1956; páx. 29
    (...) era a temida IMRO. Esta organización era un goberno ilegal, co seu propio exército, verdugos e servizos secretos. Era unha organización terrorista que condenaba á morte ás súas vítimas en xuízos dos que habitualmente estaban ausentes.
  8. Terrorism, U.S. Strategy, and Reagan Policies por Marc A. Celmer Praeger/Greenwood, 1987, ISBN 0-313-25632-2, páx. 6.

    O segundo incidente foi o asasinato do rei Alexandre de Iugoslavia. O 9 de outubro de 1934, o rei e o ministro de Exteriores francés, Louis Barthou, foron asasinados nas rúas de Marsella, Francia, por membros da IMRO- Ustasa. Este incidente levou á adopción pola Sociedade de Nacións da Convención para a prevención e castigo do terrorismo de 1937.
  9. The Columbia History of Eastern Europe in the Twentieth por Joseph Held, Columbia University Press, 1992, ISBN 0-231-07697-5, páx. 320
  10. Bartlett, William; "Croatia: between Europe and the Balkans", Routledge, 2003, p. 18
  11. American Academy of Political and Social Science, Francis James Brown, American Academy of Political and Social Science; "Organizing for Total War" , 1942 Páx. 225
  12. Ladislaus Hory e Martin Broszat: Der Kroatische Ustascha-Staat, 1941-1945; Stuttgart, 1964
  13. Edmond Paris: Genocide in Satellite Croatia, The American Institute for Balkan Affairs; Chicago, Illinois. 1961-1962, volto a publicar en 1990.
  14. Debórah Dwork, Robert Jan Pelt, Robert Jan Van Pelt: Holocaust: A history; Publisher W. W. Norton & Company, Sep 1, 2003 page 183
  15. Israel Gutman (ed.) Encyclopedia of the Holocausto; Volume 2, páx. 739
  16. Mark Aarons e John Loftus Unholy Trinity páxs. 71-72
  17. "The Role of the Catholic Church in Yugoslavia's Holocaust". www.fantompowa.net. Consultado o 2022-07-16. 
  18. Steinberg, Jonathan; "All Or Nothing: The Axis and the Holocaust, 1941-1943" Routledge 2002. pp 29-30 O 28 de xuño de 1941, Glaise von Horstenau informou de que "segundo informes fiables de incontables observadores civís e militares alemáns durante as últimas semanas os ustasi volvéronse tolos". Homes e mulleres serbios e xudeus foron asasinados literariamente. Aldeas enteiras foron arrasadas e a xente conducida a hórreos nos que os ustasi prenderon lume. O 10 de xullo de 1941 engadiu: "As nosas tropas teñen que ser testemuñas mudas de tales acontecementos; iso non reflicte ben a súa, doutro xeito, alta reputación... Dinme con frecuencia que as tropas de ocupación alemás finalmente terían que intervir contra os crimes ustashas. Isto pode que suceda finalmente. Agora mesmo, coa dispoñibilidade, non podía pedir esa acción. A intervención ad hoc en casos individuais podería facer que o exército alemán pareza responsable de innumerables crimes que non puido evitar no pasado". O xeneral Edmund Glaise von Horstenau ao OKW, 10 de xullo de 1941 Ver http://samvak.tripod.com/pp55.html
  19. Christopher J Ailsby, Hitler's Renegades: Foreign Nationals in the Service of the Third Reich; Brassey's 2004. Páx. 156
    Un dos informes dos Horstenau dicía: "Non vimos ningún rastro de guerrilleiros pero había moitos cabalos e gando sen propietario, sen esquecer innumerables gansos. En Crkveni Bok, un lugar infeliz onde, baixo o liderado do tenente coronel ustase, uns 500 labregos de 15 a 20 anos chegaron ao seu fin, asasinados, as mulleres violadas e despois torturadas, os nenos asasinados. Vin no río Sava o cadáver dunha muller cos ollos sacados e un pau metido nas partes sexuais. A maioría tiña 20 anos cando caeu en mans destes monstros. En calquera lugar dun recuncho, os porcos están a atiborrarse dun ser humano sen enterrar. Todas as casas foron saqueadas. Os "afortunados" habitantes foron enviados a un dos temibles trens vagóns; moitos destes "pasaxeiros" involuntarios cortaron as veas durante a viaxe"
  20. Reporte a Reichsfuhrer SS Heinrich Himmler da Geheime Staatspolizei - GESTAPO - datado o 17 de febreiro de 1942. En http://samvak.tripod.com/pp55.html ouhttp://www.gorgelink.org/freebooks/vaknin/terrorism.pdf
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 "Pavelic: el carnicero fascista de Croacia que horrorizó (incluso) a Hitler y está enterrado en Madrid". abc (en castelán). 2018-10-15. Consultado o 2022-07-16. 
  22. "Croatia Under Ante Pavelic: America, the Ustase and Croatian Genocide (International Library of Twentieth Century History)". biblio.com; por Rob McCormick (en inglés). Consultado o 2022-07-16. 
  23. "ABC MADRID 09-04-1998 página 33 - Archivo ABC". abc. 2019-08-29. Consultado o 2022-07-16. 
  24. Breitman, Richard; U.S. Intelligence and the Nazis , Cambridge University Press, 4 de abril de 2005, páxs. 214-215
  25. "Yugoslav Rebel Shot in Argentina," Oakland Tribune, April 12, 1957, p3
  26. "Ex-Puppet Premier of Croatia Dies," Nevada State Journal (Reno), January 3, 1960, p26

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hermann Neubacher: Sonderauftrag Suedost 1940-1945, Bericht eines fliegendes Diplomaten, 2. durchgesehene Auflage, Goettingen, 1956
  • Ladislaus Hory e Martin Broszat: Der Kroatische Ustascha-Staat, 1941-1945 Stuttgart, 1964
  • Encyclopædia Britannica, 1943 - Libro do ano, páxina 215, Entrada: Croacia
  • Worldmark Encyclopedia of the Nations, Europe, edición 1995, páxina 91, entrada: Croacia
  • Encyclopædia Britannica, Edición 1991, Macropedia, Vol. 29, páxina 1111.
  • Helen Fein: Accounting for Genocide - Victims and Survivors of the Holocaust, The Free Press, Nova York, Ed. 1979, páxs. 102, 103.
  • Alfio Russo: Revoluzione in Jugoslavia, Roma 1944.
  • Ruth Mitchell: The Serbs Choose War, Doubleday, Doran, 1943, páx. 148
  • Encyclopedia of the Holocaust, vol. 2, páx. 739.
  • Avro Manhattan: The Vatican's Holocaust, Ozark Books, 1986, páx. 48.
  • Edmond Paris: Genocide in Satellite Croatia, The American Institute for Balkan Affairs, 1525 West Diversey Parkway, Chicago, Illinois. Publicado en 1961-1962, reeditado en 1990
  • Cali Ruchala, Lord of the Dance Macabre: Ante Pavelic and the Independent State of Croacia, Degenerate Magazine © 1996

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]