Alexandre I de Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexandre I de Iugoslavia
Kralj aleksandar1.jpg
Nacemento16 de decembro de 1888
 Cetinje
Falecemento9 de outubro de 1934
 Marsella
Causaferida por arma de fogo
SoterradoOplenac
NacionalidadeReino de Serbia e Reino de Iugoslavia
EtniaPobo serbio
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia
Alma máterCorpo de Pagens
Ocupaciónmonarca
PaiPedro I de Serbia
NaiZorka de Montenegro
CónxuxeMaria da Jugoslávia
FillosPrince Andrej of Yugoslavia, Pedro II da Iugoslávia e Prince Tomislav of Yugoslavia
IrmánsHelena da Sérvia e Jorge, Príncipe Herdeiro da Sérvia
PremiosCabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski, Orde da Aguia Branca, Godfather promotion of Special Military School of Saint-Cyr, Order of Saint Anna, 1st class, Order of Saint Stanislaus, 1st class, Ordem de Miguel, o Valente, Ordem de Santo André, Order of St. George, 3rd class, Order of St. George, 4th class, Order of St. Sava, Order of the Star of Karađorđe, Order of the White Eagle, Ordem Equestre do Santo Sepulcro de Jerusalém, Medalha Militar, Ordem do Príncipe Danilo I do Montenegro, Orde do Elefante, Order of Saints Cyril and Methodius, Order of St Alexander, Czechoslovak War Cross 1918, House Order of the Wendish Crown, Ordem da Anunciação, Ordem do Elefante Branco, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta e Ordem do Redentor
Alexander I of Yugoslavia Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Alexandre I,[1] nado en Cetinje (Montenegro) o 16 de decembro de 1888 e finado en Marsella (Francia) o 9 de outubro de 1934, tamén coñecido como Alexandre o Unificador,[2][3] foi o príncipe rexente do reino de Serbia dende 1914 e posteriormente rei de reino de Iugoslavia entre 1921 e 1934 (antes de 1929 o estado era coñecido como Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos). Foi asasinado polo búlgaro Vlado Chernozemski, durante unha visita de estado a Francia en 1934.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Alexandre Karađorđević naceu en Cetinje en Montenegro en decembro de 1888, como herdeiro da casa de Karađorđević. O seu pai era o rei Pedro I de Serbia e a súa nai era a princesa Zorka de Montenegro, filla do rei Nicolao I de Montenegro. O 8 de xuño de 1922, Alexandre casou coa princesa María de Romanía, filla da raíña consorte de Romanía, a raíña María. A parella tivo tres fillos: o príncipe herdeiro Pedro e os príncipes Tomislav e André.

Alexandre pasou parte da infancia en Xenebra co seu pai, entón no exilio, mudándose en 1899 para San Petersburgo.[5] En 1904, entrou no corpo de paxes de San Petersburgo. En 1909, coa renuncia do irmán máis vello, o príncipe herdeiro Xurxo (Đorđe) (1887-1972) que era considerado inestábel pola maior parte das forzas políticas de Serbia, tornouse herdeiro do trono. Após dous notábeis escándalos (un dos cales en 1909, cando Xurxo zoscou a súa criada ata a morte nun acceso de rabia), o príncipe foi forzado a renunciar ao trono e Alexandre tornouse o seguinte na liña de sucesión.[6] En 1910, case morreu de tifo no estómago e ficou con problemas de estómago polo resto da vida.

Guerras dos Balcáns e primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Na Primeira Guerra dos Balcáns, en 1912, como comandante do Primeiro Exército, o príncipe Alexandre venceu batallas importantes en Kumanovo e Bitola. Máis tarde, en 1913, durante a Segunda Guerra dos Balcáns, na batalla de Bregalnica. Na posguerra, o príncipe Alexandre tomou os lados na complicada disputa de poder sobre como debería ser administrada Macedonia. Nesta cuestión, Alexandre venceu o coronel Dragutin Dimitrijević ou "Apis". Por causa diso, o seu pai, o rei Pedro, acordou trasladar os poderes reais ao fillo. En 24 de xuño de 1914, Alexandre converteuse en rexente de Serbia.

Cando estoupou a primeira guerra mundial (para a cal se usou a Serbia como pretexto) o príncipe rexente Alexandre tornouse supremo comandante do exército serbio, comandando con mestría os oficiais como os mariscais Radomir Putnik, Živojin Mišić, Stepa Stepanović e Petar Bojović. O exército serbio distinguiuse nas batallas de Cer e no Drina (a batalla de Kolubara) en 1914, obtivo a vitoria contra as forza dos invasores austrohúngaros e expulsándoos do país.

En 1915, o exército serbio co ancián rei Pedro e o príncipe herdeiro Alexandre sufriu varias perdas e retirouse por Albania cara a Corfú, onde foi reorganizado. Despois que o exército fose reagrupado e recolocado en acción, obtivo unha vitoria decisiva na fronte da Macedonia, en Kajmakcalan. O exército serbio liderou gran parte da reviravolta final dos aliados no outono de 1918.

Rei de Iugoslavia[editar | editar a fonte]

O día primeiro de decembro de 1918, nunha cerimonia prearranxada, Alexandre, como rexente, recibiu unha delegación do consello popular do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios (entón parte de Austria-Hungría), na cal se leu a declaración en favor da adhesión a Serbia e Alexandre fixo unha declaración en aceptación. Isto foi considerado o nacemento do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, fundindo este territorio austríaco a Serbia e ao Montenegro.

En 1921, na morte da súa pai, Alexandre herdou o trono.

En 6 de xaneiro de 1929, en resposta á crise política desatada polo asasinato de Stjepan Radić, o rei Alexandre suspendeu a constitución, disolveu o parlamento e introduciu unha ditadura persoal (a chamada ditadura do 6 de xaneiro, Šestojanuarska Diktatura). El tamén mudou o nome do país para Reino de Iugoslavia e alterou as divisións internas das 33 óblasts en 9 novas banóvinas o 3 de outubro.

En 1931 Alexandre outorgou unha nova constitución que trasladaba poder executivo para o rei. As eleccións determináronse por sufraxio universal masculino. O voto secreto foi abolido e a presión aos funcionarios públicos para que votasen no partido do goberno foi unha constante en todas as eleccións so a constitución de Alexandre. Alén diso, metade da cámara alta era nomeada directamente polo rei e a lexislación podería ser aprobada co voto de só unha das dúas casas, se tamén fose aprobada polo rei.

Asasinato[editar | editar a fonte]

Filme da chegada a Marsella e asasinato

Por causa das mortes de tres membros da súa familia en martes, Alexandre rexeita executar calquera función pública ese día da semana. No entanto, no martes 9 de outubro de 1934 non tivo escolla: ao chegar en Marsella para iniciar unha visita de estado a Francia, para fortalecer a alianza entre os dous países na Pequena Entente. Mentres andaba nun coche aberto polas rúas da cidade co ministro do exterior francés, Louis Barthou, un revolucionario búlgaro chamado Vlado Chernozemski lanzou contra o rei. Barthou tamén foi atinxido, porén, posibelmente por engano, por un policía francés en medio da confusión.[7]

Este foi un dos primeiros asasinatos captados en filme; o atentado ocorreu xusto diante do operador de imaxe, que estaba soamente a uns poucos metros de distancia e que capturou non só o asasinato mais o que pronto se sucedeu; o corpo do condutor (que morreu de inmediato) ficou prensado contra os freos do coche, permitindo a continuación da filmaxe a centímetros de distancia do rei durante algúns minutos.

O asasino Vlado Chernozemski, membro da Organización Revolucionaria Interna de Macedonia de Ivan Mihailov e tirador experimentado, foi cortado pola espada dun oficial montado francés e morto a tiros por un policía, linchado pola multitude ou ambas as cousas, conforme as distintas versións das testemuñas.

Alexandre I foi sepultado no Memorial da Igrexa de San Xurxo, que fora construída polo seu pai. Como o seu fillo Pedro II aínda era menor, o príncipe Paulo, asumiu a rexencia do reino de Iugoslavia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aleksandar I Karađorđević (Александар I Карађорђевић)
  2. Passmore 2003, p. 104
  3. Aleksandar Ujedinitelj (Александар Ујединитељ)
  4. James Ridgeway, Burn This House: The Making and Unmaking of Yugoslavia, with editors Jasminka Udovicki and James Ridgeway, Edition 2, Duke University Press, 2000, ISBN 0822325756, p. 35.
  5. "Alexander I" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2013-12-03. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  6. "Who's Who - King Alexander I" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  7. "Alexander I of Yugoslavia assassinated" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Pedro I
 Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Coat of arms of the Kingdom of Yugoslavia.svg
 
1921-1929
Sucesor:
Proclamado rei de Iugoslavia
Predecesor:
Novo título
 Rei de Iugoslavia
Coat of arms of the Kingdom of Yugoslavia.svg
 
1929-1934
Sucesor:
Pedro II