Maks Luburić
Nome orixinal | (hr) Vjekoslav Luburić |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de marzo de 1914 Ljubuški, Bosnia e Hercegovina (en) |
Morte | 20 de abril de 1969 (55 anos) Carcaixent (España franquista) |
Causa da morte | homicidio, ferida na cabeza traumatismo físico |
Actividade | |
Campo de traballo | Servizo militar e acción política |
Ocupación | torturador, oficial, Criminal de guerra, activista político |
Período de actividade | 1929 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Estado independente de Croacia |
Rama militar | Guarda Nacional Croata (pt) , Ustaše Surveillance Service (en) e Forças Armadas Croatas (pt) |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | segunda guerra mundial |
Premios | |
Vjekoslav Luburić escoita (axuda · info), nado en Humac, preto de Ljubuški, o 20 de xuño de 1913 e finado en Carcaixent, Valencia, o 20 de abril de 1969, foi un militar croata destacado na Segunda guerra mundial, tamén coñecido como Maks Luburić ou Maks o carniceiro.
Foi membro do movemento Ustaša e dirixiu o campo de concentración de Jasenovac, considerado un dos campos de exterminio máis crueis de todos os tempos.[1] Trala fin da guerra e a súa saída de Croacia, durante o seu exilio na España franquista recibiu o falso nome de Vicente Pérez García.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade só asistiu á escola primaria. En 1931 uniuse ao movemento ustashi, participando en diversas accións contra o estado iugoslavo. Por iso, tivo que emigrar a Hungría en 1932 e instalouse no campo de Jankapuszta preto de Budapest, onde chegou a ser xefe do comisario do campo. En abril de 1941, após a invasión alemá de Iugoslavia, regresou á Croacia controlada polos nazis.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a formación do Estado Independente de Croacia (NDH), ao comezo da segunda guerra mundial, foi ascendido a xeneral e foi posto á fronte da rexión de Drina, o que lle valeu o alcume de Xeneral Drinjanin (Xeneral da Drina). Desde o establecemento dos campos de exterminio polo estado pronazi croata, foi nomeado o seu comandante principal e, nunha cerimonia celebrada o 9 de outubro de 1942, felicitouse da gran "eficacia" do centro de asasinatos de Jasenovac . Durante o banquete que seguiu, afirmou con orgullo: "Matamos máis persoas aquí en Jasenovac que o Imperio Otomán durante a súa longa estancia en Europa". [2]
Luburić adestrouse en Auschwitz e visitou outros campos de concentración alemáns para aprender métodos de exterminio e aplicalos en Jasenovac.[3] Non obstante, o modelo sobre o que construíu Jasenovac foi o campo de concentración de Sachsenhausen.[3] Considérase que entre 100.000 e 600.000 persoas morreron en Jasenovac.[4] [5] Algúns observadores nazis cualificárono, en diversos informes oficiais, de "sádico extremo" e "enfermo mental".[6]
Ao final da guerra, coa derrota do Estado Independente de Croacia, Luburić liderou brevemente unha formación paramilitar chamada Os Cruzados (Križari). Non obstante, non conseguiu o seu obxectivo de restablecer o réxime pronazi croata contra a Iugoslavia de Tito.
Exilio español
[editar | editar a fonte]Ao final da guerra, pasou ilegalmente a Hungría, despois a Austria e Francia e posteriormente instalouse en España, onde viviu no concello de Benigánim (Valencia) protexido polo franquismo, que lle deu un nome falso: Vicente Pérez García. Casou cunha española, coa que tivo catro fillos, e pese a estar prohibido o divorcio na ditadura franquista, separouse dela en 1957. Participou en actividades das organizacións de emigrantes croatas en España, Suecia, Alemaña Occidental e o Canadá. Alonxado do movemento Ustasha na segunda metade da década de 1950, fundou a Irmandade dos Amigos da Drina, e máis tarde unha organización chamada Resistencia Nacional Croata. En España dirixiu unha imprenta encargada de difundir a propaganda destes movementos, co apoio do franquismo.
Asasinato
[editar | editar a fonte]Foi asasinado na súa casa de Carcaixent o 20 de abril de 1969[7] por Ilija Stanic[8], un presunto axente dos servizos secretos iugoslavos (UDBA) que fora encuberto como empregado da súa imprenta. Stanic nunca foi arrestado e chegou á Iugoslavia de Tito, onde foi recibido como un heroe nacional.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clarín «Desapareció el croata nazi que dirigió un campo de exterminio.[Ligazón morta]» Consultado el 21 de febrero de 2011
- ↑ Guldescu, Stanko; Prcela, John (1970): Operation Slaughterhouse, pág 71. Dorracne and company.
- ↑ 3,0 3,1 Levy, Michele (2009). ""The Last Bullet for the Last Serb": The Ustasa Genocide against Serbs: 1941 – 1945". Nationalities Papers 37 (6): 807–837.
- ↑ Fisk, Robert (1992-08-22). "Memoria de otra 'limpieza étnica'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-07-16.
- ↑ El Economista «Shimon Peres visita el campo de Jasenovac, el "Auschwitz croata" Arquivado 14 de decembro de 2017 en Wayback Machine.» Consultado el 12 de mayo de 2012
- ↑ The state comission of Croatia for the Investigation of the Crimes of the Occupation Forces and Their Collaborators, Zagreb, 1946
- ↑ La Vanguardia Española, 24 de abril de 1969
- ↑ La Vanguardia Española, 29 de abril de 1969
- ↑ "Ilija Stanić: Ubili smo Luburića jer se razišao s Pavelićem; Jutarnji list, Zagreb (15 de julio de 2009)". Arquivado dende o orixinal o 23 de junio de 2012. Consultado o 21 de noviembre de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maks Luburić |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]