Antonio I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "António I de Portugal")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Don António I
Rei de Portugal
Anthony I of Portugal.jpg

Reinado24 de xullo de 1580 - 1583
Nacemento1531
Lisboa, Portugal
Falecemento26 de agosto de 1595
París, Francia
PredecesorHenrique I de Portugal
SucesorFilipe I de Portugal
ConsorteAna Barbosa

Antonio I de Portugal, nado en Lisboa no ano 1531 e finado o 26 de agosto de 1595 en París, máis coñecido polo alcume de O Prior do Crato (e, máis raramente, como O Determinado, O Loitador ou O Independentista, pola énfase posta no recobro da independencia de Portugal), foi fillo do Infante Luís e neto de Manuel I, pretendente ao trono durante a crise sucesoria de 1580 e, segundo algúns historiadores, rei de Portugal (durante un breve espazo de tempo en 1580, no continente, e dende entón ata 1583, confinado nos Azores). Non consta xeralmente na lista de reis de Portugal, malia que reinou de facto, durante un curto período de tempo. Coa invasión dos Azores por tropas españolas, en 1583, dá fin o reinado de Antonio I, que se refuxia en París, onde faleceu. Deixou vasta descendencia.

Rei de Portugal

Segue a:
Henrique I de Portugal
Antonio I de Portugal
Precede a:
Filipe I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.