Rafael Rivelles
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de decembro de 1898 provincia de Valencia |
| Morte | 3 de decembro de 1971 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | actor |
| Período de actividade | 1914 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Rosa Fontana (1959–1971) María Fernanda Ladrón de Guevara (1922–1934) |
| Fillos | Amparo Rivelles ( |
| Pais | Jaime Rivelles |
| Irmáns | Amparo Lorenza Rivelles Guillén Juan Rivelles Guillén |
Rafael Rivelles Guillén, nado en Valencia o 23 de decembro de 1897 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1971, foi un actor español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Valencia, pero pronto a súa familia se trasladou ao Cabanyal, municipio de Valencia que en 1897 foi anexionado ao da capital, e onde pasou toda a súa infancia. Membro dunha familia de artistas, os seus pais foron os prestixiosos actores de teatro Jaime Rivelles e Amparo Guillem Minguet. Moi pronto comezou a traballar no teatro no que lograría rotundos éxitos; aínda que tamén traballou no cine ao longo da súa vida, pero de forma máis esporádica. Nos anos 30 traballou durante un tempo en Hollywood, pero pronto regresou a España, onde fundou a súa propia compañía de teatro xunto á súa esposa, a actriz María Fernanda Ladrón de Guevara coa que contraeu matrimonio o 15 de marzo de 1922, na Igrexa de San José de Madrid.
En 1925 naceu a súa filla, a actriz Amparo Rivelles, que continuou a saga artística xunto a unha nova xeración familiar de actores, entre eles Amparo Larrañaga e Luis Merlo.
No cine é lembrado como Don Quixote na película de 1947, Don Quijote de la Mancha xunto a un espléndido Juan Calvo, no papel de Sancho Panza.
En 1954 interpretou a Xudas Iscariote na película El beso de Judas dirixida por Rafael Gil.
Faleceu en Madrid o 3 de decembro de 1971 e de acordo cos seus desexos foi enterrado en Valencia, no cemiterio do Cabanyal, xunto aos seus pais.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel |
|---|---|---|
| 1914 | Prueba trágica | |
| 1930 | El embrujo de Sevilla | Paco Quiñones |
| 1931 | El proceso de Mary Dugan | Fiscal |
| 1931 | La mujer X | Luis Floriot |
| 1931 | ¿Conoces a tu mujer? | Robert Felton |
| 1931 | Mamá | Santiago |
| 1932 | El hombre que se reía del amor | Juan Herrero |
| 1932 | Niebla | |
| 1933 | El café de la Marina (versión en castelán) | |
| 1936 | Nuestra Natacha | Lalo |
| 1938 | Carmen la de Triana | José Navarro |
| 1939 | Frente de Madrid | Saverio |
| 1940 | Il peccato di Rogelia Sanchez | Don Fernando |
| 1940 | Santa Rogelia | Fernando |
| 1942 | Capitan Tempesta | Lachinsky |
| 1942 | Il leone di Damasco | Lachinsky |
| 1942 | Goyescas | Capitán Fernando Pizarro |
| 1944 | Lecciones de buen amor | |
| 1947 | Don Quijote de la Mancha | |
| 1954 | Murió hace quince años | Coronel Acuña |
| 1954 | El beso de Judas | Xudas |
| 1955 | Marcelino, pan y vino | Padre Superior |
| 1961 | La rivolta degli schiavi | Rutilio |
| 1964 | El señor de La Salle | Cardeal Noailles |
| 1964 | Cyrano et d'Artagnan | Cardeal Duc de Richelieu |
| 1966 | El Greco | Marqués de Villena |
Teatro (selección)
[editar | editar a fonte]- Reinar después de morir (1964)
- Ardèle o la Margarita (1964)
- Cuidado con las personas formales (1960)
- Papá se enfada por todo (1959)
- La herencia (1957)
- Pepa Doncel (1956)
- La herida luminosa (1955)
- La muralla (1954)
- La mariposa y el ingeniero (1953)
- Señora ama (1953)
- Callados como muertos (1952)
- Criminal de guerra (1951).
- Al amor hay que mandarlo al colegio (1950)
- La visita que no llamó al timbre (1949)
- Carlo Monte en Monte Carlo (1939)
- El bandido de la Sierra (1926)
- El nido ajeno (1923)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nova do falecemento de Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 4 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 5 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Rivelles |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe ao actor
- Ficha de Rafael Rivelles en IMDb (en inglés).
- Lápida de Rafael Rivelles.