Diario de La Coruña (1902)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Diario de La Coruña foi un xornal editado na Coruña entre 1902 e 1903.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 1 de agosto de 1902[1] para substituír a La Mañana. Fundado e dirixido por Eduardo Torres Taboada[2], defendía a política de Francisco Silvela. Na redacción figurou Alfredo García Ramos, que foi despois director. Entre os seus colaboradores estaba Wenceslao Fernández Flórez. Cesou a súa publicación antes de xullo de 1903.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Periódicos", El Noroeste, 2-8-1902, p. 1.
  2. La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.