Mariano Rodríguez Dios
Mariano Rodríguez Dios | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Rianxo |
Falecemento | 12 de novembro de 1932 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e mariño |
Cónxuxe | Joaquina Castelao Genme |
Fillos | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mariano Rodríguez Dios nado en Rianxo e finado o 12 de novembro de 1932, foi un político galego pai de Castelao.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro dedicado a facer velas para barcos. En 1886 emigrou a Arxentina, onde instalou con éxito un almacén de venda (pulpería) en Cruz Colorada (dentro do actual concello de Bernasconi). En 1900 regresou a Rianxo, aínda que volveu a Arxentina máis adiante, para regresar definitivamente en 1903 e, cos ingresos que acumulou, mellorou a situación económica da familia e dedicouse á política, liderando o Partido Conservador local enfrontado ao liberal dirixido por Manuel Viturro Posse. Foi alcalde de Rianxo en 1907 e novamente durante a ditadura de Primo de Rivera.
Predecesor: José Varela Abades |
![]() Alcalde de Rianxo 1907 - 1909 |
Sucesor: Manuel Pérez García |
Predecesor: Eugenio Bermúdez González |
![]() Alcalde de Rianxo 1924 - 1930 |
Sucesor: José Ramón Rivela Rial |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Joaquina Castelao Genme e foi pai de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Josefina e Teresa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo.